8 cousas 8
Con certo retraso (con moito retraso, para ser sinceiros…) chega a este blog un novo meme: as oito cousas que máis che gustan no mundo.
Antes de empezar coa lista teño que pedirvos perdón porque ultimamente estou na pola e actualizo bastante pouco… Axiña vos contarei as razóns
Desculpas especiais para o meu amigo Ninsesabe, que foi quen me pasou o testigo e que lle teño moito cariño jejeje.
Ai, como se nota que me custa moito decidir, que non me dou centrado… Imos aló coa enumeración, que non vai por orde de preferencia:
1. A miña xente: a miña familia, os meus amigos, os meus compañeiros de traballo…
2. O mar e a praia, o mellor sitio para pasar un bo momento, sola ou acompañada
3. Escribir, aínda que sexa a lista da compra.
4. A música: guitarras, baterías e unha letra á que poder asociar lembranzas e momentos.
5. Os nenos pequenos, que me fan volver a ser nena por un rato.
6. O sexo… ¿para que negalo?
7. Escoitar, falar e rirme
8. Ter tempo para estar no meu mundo
novembro 8th, 2007 at 11:04 pm
Coincido en moitas cousas, pero chamoume especialmente a atención o que dis do tempo para estar coa xente. E tamén concordo, claro está, co do sexo ¿para que negalo?
novembro 9th, 2007 at 1:49 am
Evidentemente a autonegación é moi negativa, alédome de vela tan positiva.
O das guitarras máis o das baterías tamén me gusta a min, e moito.
novembro 9th, 2007 at 11:32 am
concuerdo con todas y cada una y añado andar en bici.