Os homes tamén podedes

Ollo a esta nova campaña publicitaria, que promete moito! Xa non só polo anuncio, que é bastante mediocre, senón tamén pola súa canción (aposto a que acabará por convertirse no sonitono de moda)… Pero sobre todo por esa lista negra, que non sei por que me fai lembrarme do meu pai…

Xa sabedes, ¡vós, os homes, tamén podedes poñer a lavadora! ¡Vamos, compañeiras! ¡A encher esa lista!

4 Responses to “Os homes tamén podedes”

  1. Silvana Says:

    Acabo de velo, non ten desperdicio. O baile recordoume o de “Paxariños a Volar” de Teresa Rabal, igual éralles mellor facer o de Full Monty. Reín ben.

    Un saúdo.

  2. paideleo Says:

    Ui, agora lembro que teño que sacar a roupa da secadora !.
    Graciñas por lembrarmo.

  3. Mar e Lúa Says:

    Jajajaja! Así me gusta, paideleo!! Menos mal que tamén hai algúns homes que son todoterreno ;) E cada vez máis. Seguro que ti es deses, non o dubidamos.
    Silvana, con esas roupas que levan non podo nin imaxinar como quedaría ese baile de Full Monty, pero habería que probalo :)

  4. Zeltia Says:

    Pois a min pareceme un anuncio boísimo, a coreografía hortera, a indumentaria hortera, a melodía e a letra da canción, todo sirve para suliñar o absurdo de que a maioría de homes non fagan as cousas da casa “fulanito puxo a lavadora e non lle pasou nada”

Leave a Reply