Bo Nadal!
.
.
Non o podo evitar: odio as panxoliñas. Parécenme o máis ñoño e tonto que se pode facer con sete notas e unhas cantas palabras. Odio entrar nunha tenda e ter que escoitar nenos cantando en falsete con campaíñas de fondo. Non soporto os peixes no río, nin a burra que vai cara Belén, nin o neno na cuna, nin o fun-fun-fun…
Pero chegou novembro e teño que ir mentalizándome: non se pode escapar desas horribles melodías que volven cada ano. De feito, esta mañá xa escoite a primeira panxoliña da temporada: un home cun chelo no centro da cidade tocando ‘Noite de paz’. ¡Que repelús!
A partires de agora, cando vaia pola rúa non me penso quitar o mp3 das orellas. Por certo, ide empezando a practicar iso de dicir ‘Bo Nadal’ cun sorriso na cara…
Bo Nadal para todos!
novembro 10th, 2007 at 2:15 am
Gracias por tus comentarios, menos mal que alguien me entiende!!!
novembro 10th, 2007 at 9:16 pm
Todo o que detestas a min encántame. Encántanme as panxoliñas (eu non as canto, claro, teño unha voz como saída do inferno, e peor oído); encántame a sonrisa no rostro da xente, as luces, os adornos, …., o turrón, o turrón pode conmigo, non sei como non entro na uvi do empacho que collo tódolos anos, e os mazapáns, os polvoróns, … encántanme tódolos doces navideños. Os regalos. E sobre todo ir ben abrigada, ata as orellas (aínda que este ano penso poñerme un pasamontañas, así si se tercia tambén podo robar algunha cousa nas tendas), con bufanda e baixo o frío mirar as luces das rúas, da cidade, o alboroto. Definitivamente son as miñas festas preferidas, Monforte nesas datas é a cidade perfecta, a néboa, que non se levanta, os destellos.
Acabas de recordarme que xa están o caer, alegráchesme o día. Un saúdo.
novembro 11th, 2007 at 2:16 pm
Eu detesto as panxoliñas, o nadal, a árbore, o turrón….o meu espíritu navideño morreu na preadolescencia, póñome triste, e o que é peor, de mala ostia nestas datas.
Ademais, cada vez o nadal chega antes, dentro de pouco en agosto xa temos os escaparates cheos de anxos e árbores e bolas.
Saúdos
novembro 11th, 2007 at 6:57 pm
Mamiago, de nada. Sempre é un pracer ler os teus posts, gústame moito que nos contes eses pequenos detalles do día a día.
Pero as panxoliñas NOOOOON!! E menos a principios de novembro!
Silvana, a min o que non me gustan son as panxoliñas. O resto non está tan mal: percorrer toda a cidade buscando o regalo perfecto para cada un, o que máis os sorprenda, os que máis ilusión lles vaia facer… E as comidas familiares, os cen millóns de turróns distintos… E sobre todo, as caras dos máis peques da casa
A Conxurada, a min ás veces tamén me dá o baixón durante o Nadal, é inevitable… Dáme pena polos que o celebran sos, ou polos que non o poden celebrar. Pero hai que mirarlle o lado bo: iso quere dicir que sequimos a ser humanos e non pasamos de todo.
decembro 16th, 2007 at 11:54 pm
Eu copio o comentario da Conxurada, con comas e mala ostia incluidas.