Niñatos de merda
Onte pola noite pillei o NoiteBus cunhas amigas para saír de festa noutro sitio. Queriamos ir a unha discoteca un pouco grande, para cambiar un pouco a rutina. Collímolo no centro a iso da unha da mañá, e había bastante xente esperando tamén.
Xusto antes de subir nós montou no bus unha pandilla de oito ou nove raparigos imberbes con voz de chillona que foron directamente ós asentos do fondo, ó ‘galiñeiro’. Dous deles intentaron colarse e non pagar os 2€ da viaxe. O conductor era un home novo, duns trinta anos, con aspecto de ser cubano ou sudamericano. Non lles deixou pasar sen pagar, e todos os da pandilla (agás dous que axiña se separaron dos outros, indo cara a parte dianteira do bus) comezaron a berrarlle “Busero cabrón, busero hijo de puta”.
Aínda non arrancara o bus, e os niñatos comezaron a cantar flamencadas a berros, acompañando con palmas. Como non lles chegaba o ritmo tiveron que marcar o compás dándolle patadas ó asento de diante ata que este empezou a rachar. Despois as patadas eran simplemente polo pracer de destrozar, e finalmente acabaron por deixalo medio roto, inutilizable.
Non contentos con iso, entretíñanse cuspíndolle á moza do outro asento, mentres a chamaban ”gorda de mierda”. Ela aturou estoicamente un bo cacho, e cando estivo farta colleu unha botella de auga que levaba no bolso e botoulla toda por riba ós niñatos. Un deles, ó que lle caeu o líquido en toda a entreperna, foise cara ela e amezouna de morte, co seu queixo imberbe tremento da vergoña de levar os pantalóns ‘mexados’ diante de todos os pasaxeiros. A moza e a amiga que a acompañaba tiveron que levantarse dos seus asentos, e remataron de pé no medio do pasillo.
O resto dos pasaxeiros mirabamos cara atrás con cara de impotencia, de non saber que facer. Un arxentino que ía sentado preto de min, duns vintetantos anos, colleu e díxolle ó mexado: “Como vuelvas a amenazar a alguien delante de mí te reviento la cabeza”. O outro quedou calado coma un peto. Algúns pasaxeiros empezaron a insultalos, pero aí quedou a cousa.
Eu sentíame fatal, humillada como persoa aínda que non me fixeran nada. Se fose eu a conductora posiblemente xa me tería posto a chorar moito tempo atrás. Eu tamén quedei calada, coma todos os demáis. Non dixemos nada, a pesar de que éramos moitos máis que os seis niñatos que quedaran na parte de atrás do bus, e tamén me sentía fatal por iso. Os outros dous que se apartaran nada máis comezar a movida intentaron varias veces que os seus amigos se comportasen, e non sabían nin onde meterse da vergoña allea.
A metade de camiño o buseiro botouse cara ó arcén. Ábríronse as portas do medio e subiron tres policias. Había un control, e o buseiro parara para que se levasen ós niñatos de merda. Os polis collérono pola nuca e ‘acompañárono amablemente’ escaleiras abaixo. Aí quedou, no medio da estrada, rodeado de maderos e esperando a que o levasen a comisaría ou canda seus pais… Só un dos seus amigos baixou para acompañalo, mentres que o resto quedaron calados e quedos nos seus asentos do fondo.
Non volveron dicir nin mu no que quedaba de traxecto. Espero que o pasasen moi ben de festa.
novembro 11th, 2007 at 11:23 pm
Resulta impresionante a carga de agresividade que amosan certas tribus de rapaces. Non atino a comprender qué raio fixemos tan mal para darlles de mamar un leite tan picado.
novembro 12th, 2007 at 12:57 am
Imos camiño desa sociedade enferma como a de EEUU. Se non se pon remedio axiña, imos en picado. Exemplo o temos hoxe o de Madrid con eses nazis de merda.
novembro 12th, 2007 at 5:44 pm
Se houbese video estabamos unha semana con el abrindo os telexornais e diferentes tertulias de actualidade pero como non o hai é unha historia do máis cotián. Lamento que a tiveses que vivir de perto pero creo que non ha ser a última vez.
Eu nunca fixen nada parecido, nin creo que puidese. Pasoume algo parecido na manifa de Siareiros Galegos en Compostela o día do primeiro partido da selección nacional de fútbol. Subiamos por San Pedro e aquilo parecía un botellon mutante (pq ía en movemento) e non precisamente pacífico. Dérame vergoña ir con aquela xente, que ademais de facer o garrulo e destrozar todo falaba en castelán. Como os teus coleguitas flamenqueiros
novembro 12th, 2007 at 6:33 pm
Tiñan que pasar polo menos a fin de semana na garita, xa verías como espabilaban e os pais tamén.
novembro 12th, 2007 at 9:27 pm
Eu pregúntome o mesmo que Chousa da Alcandra, porque sen dúbida os seres humanos non nacemos así…
novembro 13th, 2007 at 12:15 pm
espero que por lo menos te divirtieses después…
salud
novembro 14th, 2007 at 11:59 pm
Non hai sentido. Antes estaba a xuventude máis controlada pero de cada vez fan máis o que queren…e non precisamente bondades.
Supoño que será polo pasotismo xeralizado e a inmunidade que dá estar nun sitio que non te coñecen i en grupo.
novembro 15th, 2007 at 12:31 pm
Prepotencia, falta de educación, ganas de liorta, exceso de alcohol, pode que algo de todo. Estes comportamentos son cada vez mais habituais e parece como si a sociedade non soubera como atallalos.
novembro 18th, 2007 at 8:39 pm
Pois eu penso, modestamente, que teño resposta ás preguntas de Chousa da Alcandra e de Silvana. O que fixemos mal, o que fixeron mal os seus pais, foi non marcarlles os límites con claridade, non educalos como fillos, senón consentirlles todo. O que eu chamo a Ley do Péndulo. Invítovos a ver un vídeo interesantísimo que apunta nesa dirección: http://ninsesabepuntocom.blogaliza.org/archives/289.
novembro 18th, 2007 at 8:55 pm
Pois non te culpo por non facer nada, tal e como está a situación non é doado intervenir, pois aumenta o problema, e pensamos que ignorando igual remata antes, claro que ata un límite, e é posible que si fora a mais dirías algo, pero entre tanta xente, había alguén con mais capacidade para facelo. Finalmente vexo que todo ben, pero non me gusta nada o bus ese…