A pregunta
A pregunta levaba xa varios días navegando á deriva entre os seus pensamentos, e unha e outra vez volvía aparecer nun primeiro plano cando ela menos o esperaba.
Non entendía aquel xesto, non sabía que significaba aquilo. As miradas deran paso ás risas, e as risas a uns tímidos agarimos no brazo disimulados entre o ruido do local. El mentres faláballe a modiño e moi de preto. Dá igual de que.
Despois de varios días sen poder durmir matinando naquela pregunta que reaparecía na súa mente decidiu que xa era tempo de quitala da súa cabeza. Quería dar un paso adiante, pero non sabía como formular esa interrogación con palabras, e así era imposible resolvela.
Así que a mañá do xoves colleu un caderno e o seu bolígrafo azul e dirixiu os seus pasos cara a praia. Alí sentou nas escaleiras que baixaban á area, e coa inspiración que collía do arrecendo do mar escribiu ducias e ducias de follas, unha tras outra. Un par de horas máis tarde, cando ó caderno non lle quedaba ningunha páxina sen pintar, colleu con todas e arrincounas nun xesto rápido e casi desesperado. Rachou con elas e tirounas ó vento. Quedou sentada nas escaleiras, mirando como moitas delas caían na area húmida antes de conseguir chegar ó mar.
Xa tiña a pregunta, pero agora aínda lle faltaba o máis importante: a resposta.
¿Que significa un bico de despedida na fronte?
novembro 18th, 2007 at 4:38 pm
Un bico de despedida na fronte: “mal rollo”. Jajjajaja
A mi si me dan un beso de despedida en la frente, digo “uy, uy uy, qué capullo es, pues que se vaya a tomar por …., paso”. Es broma.
Tengo una amiga que aún hace poco me explicó su técnica infalible de rollito nocturno, me dijo: yo, les empiezo a hablar, cada vez me acerco más hasta pegarme al oído, y luego dejo que sin querer se me escape la lengua de vez en cuando, y ¡siempre pican!”.
Yo me partí de risa, pero doy fe de que le funciona, me empecé a fijar, y es cierto, hace así, lo que no sé es qué coño les dice al oído. Jjajajajaj
novembro 18th, 2007 at 7:10 pm
uuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuhh
Bico na frente!!!! uhhhhh iso soa diferente. É o bico máis casto por haber e o máis diferenciado do resto. Significa pacto deixando fóra o sexo.
Pode ser por inmadurez, calzonacismo ou pq ese amor é demasiado puro como para manchalo con sexo….
Vamos, significa personalidade complicada.
Que conste que eu dei algún no seu momento.
novembro 18th, 2007 at 8:42 pm
Penso que Turonio leva aljo de razón e a min, no Paleolítico, tamén me pasou aljunha vez, creo recordar.
novembro 18th, 2007 at 8:45 pm
puf, puf, sácatelo de la cabeza cuanto antes…
novembro 19th, 2007 at 12:56 am
Silvana, moi boa a técnica da túa amiga, jajaja! Probareina algún día, pero non con este rapaz…
Turonio, xa era tarde para non manchalo… :/
Ninsesabe, non esaxeres que seguro que non hai tanto tempo que dabas bicos na fronte!
Mamiago, non mo podo sacar da cabeza porque é un amigo meu.
Levabamos como un mes quedando, pero o outro día despediuse non me deu nin un só bico nos beizos en toda a noite. E para colmo, despediuse ó máis puro estilo “son teu pai”: biquiño na fronte e palmadiña inocente no cu… “Tápate por la noche, que no te coja el frío!”.
¿Todos pensades que debería pasar del? É que non quero polo momento!
novembro 19th, 2007 at 2:11 pm
Cada quen precisa dun tempo distinto para decatarse de que hai situacións que ás veces non van por onde nos quixeramos. Tómate o teu tempo.
Unha aperta.

novembro 19th, 2007 at 3:22 pm
Ou xa está con outra ou xa lle gusta outra. Vaite deixar, casi seguro.
novembro 20th, 2007 at 1:09 am
Así sen máis datos concordo coa opinión xeral, pero antes de nada é preciso saber ( que lembre) que tipo de bico lle deu vostede… ou se non lle deu ningún… e só se deixou bicar. Un ás veces deixa nas mans do outro todos os xestos, e despois…
novembro 20th, 2007 at 1:50 am
A ver, por recomendación da Doutora imos recapitular… A el non lle apetecía saír, pero fíxoo porque quedara comigo. Levaba un resfriado bastante considerable (ata tiña a voz tomada), e díxome que lle apetecía vir durmir pero que non se atopaba ben. Cando iamos camiñando colleume pola cintura e achegoume a el, e ó despedirnos démonos os dous bicos de rigor (que é como nos saudamos sempre, porque somos amigos máis que “amigovios”) e logo deume outro na fronte… E logo outro máis. Eu non llos devolvín porque é máis alto ca min e porque me sentiría un pouco ridícula… Simplemente sorrinlle e devolvinlle a aperta.
E dende o sábado nin mensaxe nin messenger nin nada… Xa estou intentando facerme á idea de que ese foi ‘o bico da morte’, o da despedida…
Non o chamo eu, ¿verdade? É que a min estas cousas nunca se me deron ben… ¿Algunha me presta un libro de instruccións ou algo?
novembro 20th, 2007 at 11:10 am
Así con máis datos cambia todo. Él non quería contaxiarte o resfriado e seguro que te dou bicos en todas partes menos nos beizos porque lle daba apuro, pero tanto bicar …., e ti parece qeu estiveche moi fría.
Conclusión: non se atreve porque non debe ter claro que é o que queres ti, se queres algo dálle un empuxón.
novembro 20th, 2007 at 7:51 pm
yo creo que es una petición formal de matrimonio. huye.
novembro 21st, 2007 at 4:59 pm
Non che sei, seguro que tendo ti mais datos tamén tes máis criterio. Pero o do bico na frente é antolóxico. Non lle deas muitas voltas e actua como se nunca tivese pasado ese bico e a proxima vez que faga algo parecido puteao ata que chore da risa.
Esas cousas hai que paralas a tempo. Que pai xa temos un e non é como para ter sexo con el.
novembro 21st, 2007 at 8:13 pm
Eu cando sei que un amigo está doente sempre chamo por teléfono para saber… como vai…
Coido que o título do libro é “O primeiro paso non lle pertence a ninguén. Fágao vostede mesmo”, é o único que sei del, xa me gustaría saber onde o venden!
novembro 23rd, 2007 at 4:46 pm
Coido que o bico na frente ten algo de especial. Ten algo entre o paternal e o amigo. Non sei si o da mafia siciliana é na frente, se isto é a sí, carallo, coidate mar.
saúdos