Na habitación

.habitacion.jpg

Quería contalo, pero as palabras non saían da miña boca. Aínda me sentía débil a pesar de que aqueles momentos xa se converteran en simples recordos e se perderan no horizonte días atrás. Os calafríos que me produciran, pola contra, aínda camiñaban pegados a min.

A pesar de todo, e malia que a ventá estaba pechada, aqueles ventos furacanados aínda se desplazaban como sombras pola habitación cando me quedaba sola. Cada vez que chocaban contra algunha das paredes parecían susurrar o meu nome. A tempestade que desataran as súas mans negábase a abandonar o cuarto, e as últimas pingas de rock&roll aínda esvaraban costa abaixo polo meu corpo.

Entón quedábame bloqueada coma unha nena pequena á que nunca lle explicaron como afrontar unha situación semellante. Quería dar un paso cara adiante, sair desa habitación e berrar que xa non me acordaba del, pero iso só sería enganarme a min mesma.

Non podía quitarmo da cabeza, pero tampouco facer nada para recuperalo. ¡Que tonta era cando pensaba que a min non me pasaría nunca! Tantos anos bloqueando os meus sentimentos non me fixeran máis forte, senón máis sensible dende o momento que non puidese reprimir un. E ese momento acababa de chegar. ¿Xa se cansou…? Xa se acabou…

4 Responses to “Na habitación”

  1. A Conxurada Says:

    Ese sentimento e dor, rozan a impotencia, e persoalmente, eu sentinme estúpida, tonta por deixar que me quitasen as corazas, e que unha vez derribadas decidise por fin.

    Saúdos, e como gosto da blogue voute incluir nos meus links.

  2. Silvana Says:

    Malo si hai corazas e malo si non as hai. Pero coincido coa Conxurada, penso que é peor telas, protexéndote, porque cando por fin as quitas e quedas núa es tan sensible que calquera aproveita para facer unha herida ben profunda.

    Non sei, non sei, volve a colocar as corazas e non as soltes, ou despréndete delas definitivamente. É difícil sabelo.

  3. Mar e Lúa Says:

    A Conxurada, Silvana, ¡vaia tres patas para un banco que nos fomos xuntar! Jajaja. Ten algo de gracioso…

    Polo momento quero deixar pasar o tempo, e mentres vou ir construindo unhas novas corazas, que as antigas quedaron medio tocadas… Xa verei se as poño ou non :)

    Moitas gracias, guapa!

  4. un Says:

    Non se chama habitación, chámase cuarto.

Leave a Reply