Amic/Amat
.
.
Keith Haring - Amistad
Con só unha excusa cambias a cor do meu día.
Sinto que vés, que pasas, que antes de chegar xa marchas.
Que xogamos xuntos, pero ti xogas comigo.
Sei que non é xusto, ti tamén o sabes,
pero non che importa,
e a min só me importa ás veces.
Eu fago de tonta, e ti me deixas.
Constrúes novas paredes
para que poida seguir batendo coa testa nelas.
Escapas sen que saiba se volverás
porque xa sabes que eu si o farei
tan pronto oia os teus pasos preto de min.
Aínda que escape do meu destino
xa é tarde porque unha vez escapei del por ti
e agora estou pagando o castigo.
E vou ó mar a respirar novos poemas
pero alí non atopo a brisa marina,
senón o teu alento.
E me desalenta,
e volvo coller forzas para xurarme que non.
Desta vez non. Non te chamarei.
Quedarei aquí sentada. Esperando. Esperándote.
Coa noite escapando das miñas mans,
co soño roto e abrindo os ollos…
Non sexa que pases e non te vexa.
Mentres espero…
Espero… Espero…
Espero… Espero…
Espero… Espero…
Espero a que volva o meu amigo de sempre
decembro 3rd, 2007 at 10:56 am
Non sei qué dicir. Gustoume. Hoxe non estou de humor para asuntos de amor.