Cando che pregunten…
Cando che pregunten o mellor sitio para pasar estas festas, respóndelle: en casiña!!!!
Xa temos aquí a segunda parte do “Vivamos como galegos”, esta vez en versión navideña! Pasoume o video un amigo meu e case me poño a chorar da emoción… Entroume un pouco de morriña, xa vos contarei con calma que agora é tardísimo e teño que ir durmir. O video non precisa comentarios, xa o di todo el soliño. ¡Que o disfrutedes!
Por certo, ó final a botella de licor café quedou igual que estaba… Un amigo é moito mellor que o alcol, e non deixa resaca ó día seguinte
decembro 20th, 2007 at 1:29 am
Pois a min non me gustou. Pareceume unha copia mala do primeiro anuncio.
decembro 20th, 2007 at 10:50 am
Fixeches ben.
decembro 20th, 2007 at 12:08 pm
Nada mellor que os amigos para estas cousas.
E o do anuncio, eu digo coma paideleo: tampouco me gustou, non “chega adentro” para nada.
decembro 21st, 2007 at 4:29 pm
Dende lonxe sempre se ven as cousas doutra forma… Cando levas un tempo fóra e sen ver ós teus seguro que si que chega adentro
decembro 23rd, 2007 at 11:04 pm
dos meus herdei a idea de que temos duas casas: aqui e ali. De feito que estas festas sempre foron por unha banda felices e pola outra tristes pola metade da familia da que estamos (estivemos e imos estar) afastados. Apertas!
decembro 23rd, 2007 at 11:42 pm
Concordo co do licor café e o amigo, aínda que nestes casos mesturar as dúas cousas é do mellor.
No dos anuncios, que quere que lle diga, nin o primeiro nin o segundo.
(Hai que ver que pouco patriota son)
decembro 24th, 2007 at 3:19 am
Neniña, tí e mais eu tiñamos que falar un día dos amigos, esos que van de amigos e pasan a línea e despois ni amigos nin nada, ainda que se den de ser amigos, pero non están, puf, puf…, pero que lle vamos facer, soñar e libre. Bikos. Ah! Boas festas!
decembro 24th, 2007 at 6:18 pm
Boas festas.