Casiña
Onte cheguei a casa despois de moitas semanas… e xa me vou. Deume tempo só para disfrutar dunha comida familiar e unha cea, pero levo ducias de fotos e momentos para o recordo…
Hai uns meses dicía que non atopaba nada que me atase á vida que levaba… Pois ben, xa o atopei estes días. Agora toca marchar e non quero. Para min xa rematou o Nadal. O que queda de festas pasareino sola, lonxe e permanentemente conectada ó teléfono e á webcam.
O meu primeiro Nadal fóra de casa…
decembro 26th, 2007 at 11:08 am
Ánimo e intenta disfrutar todo o que poidas.
decembro 26th, 2007 at 1:30 pm
Pensa que o Nadal é un coñazo para muita xente, tan só tes que empatizar con eles e sentirte fondamente liberada.
Ánimo
decembro 27th, 2007 at 9:00 am
Animo MARELU, soedades eran as de antes, agora coas newtec todo está máis próximo, o blog fainos familiares, case, e dende aquí faremos que continúe o seu Nadal particular. bks.
decembro 27th, 2007 at 9:02 am
Animo MARELU, soidades eran as de antes, agora coas newtec todo está máis próximo, incluso o Nadal que deixou a trás.
Bks
decembro 27th, 2007 at 9:03 am
Disculpe que me repita, un pouco desaparece o texto, outro non se sabe por onde se perdeu, logo reaparece, cousas da tecnoloxía.
decembro 27th, 2007 at 10:32 pm
Esqueza que estamos no Nadal, e conte os días que lle quedan para a próxima visita. E fagalle caso a Hermaco, hoxe non hai distancias nin soedades absolutas.
E ánimo.
Unha aperta.