Arriba o telon
.
.
Stieglitz
Xa remataron os ensaios… O ano acaba coa conta atrás para o gran estreo da nosa función. Póñome os tacóns ante a túa mirada indiferente e xa estou lista para o espectáculo.
¿Todo preparado? Abro un pouco o telón e fago un escáner rápido das primeiras filas do palco de butacas…
¡Alí está ela! ¡Míraa, no asento que está pegado ó pasillo do teatro! Con esa cara baleira, sen rasgos, sen ollos, con esa boca tan grande para comerte mellor… Con esas unllas longas e ese vestido de finxida inocencia… Ten que ser ela, ¡sen dúbida!
¿Que como sei que existe? Porque ti mo contas cada vez que representas o teu papel. ¿Que se sei o seu nome? Non, non sei quen é ela, e moito menos quen son eu… ¿Por que non mo explicas ti? Dime, ¿quen son?
¡Shhhhh! ¡Silencio! ¡Que empeza a conta atrás! Os cuartos… Xa vai, xa vai!!
12… 11… 10… 9… 8… 7… 6… 5… 4… 3… 2… 1… ¡Arriba co telón!
Primeiro acto.
Ábroche a porta e ti me saúdas cun bico na meixela. Sorrío, sorrís e imos á sala. Esta vez fuches ti quen propuxo quedar, e eu estou coma unha nena co doce máis grande da tenda de lambonadas… Pero disimulo. Cada un nunha esquina do sofá, poñemos un dvd e nos metemos baixo a mesma manta. Non nos tocamos, non nos miramos, e apenas cruzamos palabra… Pasa o tempo, e de pronto, a túa man no meu xeonllo. Cáeme un bico na fronte… E outro na meixela… Ata que acabamos abrazados no sofá, quedos, mirando a película.
Segundo acto.
Remata a peli e imos durmir. Os dous estamos moi cansos… Dámonos as boas noites e cada quen ó seu lado da cama. Ó cabo dunhas horas esperto e te atopo pegado ás miñas costas, abrazándome, e coas túas pernas enredadas nas miñas. Sinto a túa respiración, pecho os ollos e me deixo levar outra vez polo sono. Volvo espertar abrazada fronte a fronte. Xogas coas miñas mans e espallas bicos por toda a miña cara. ¡Que sorte! Un despistado chega ós meus beizos e xa non pido máis nada. De todos xeitos, podías esmerarte un pouco máis… Eses bicos non se ven nada realistas, poderíase notar que estás a actuar. Volvo quedar durmida con esa extraña contradicción: abrazos e agarimos sen bicos… ¿Que estamos a finxir? ¿Alguén pode crer a nosa función?
Terceiro acto.
Soñei con ela. ¿Non me pensas explicar quen é e que ten de especial? ¿Vas seguir vindo durmir a casa e comportándote coma se nos quixésemos? Non importa, sigo actuando. O meu guión, aquel que eu mesma escribín cando nos coñecimos, di que non teño sentimentos. Non sei o que son os celos, e non quero unha relación nin medianamente estable. Fago coma que non me decato de nada, pero non son parva. Sorrío e evito as preguntas. Non as preciso porque xa o imaxino todo. ¿Que mañá pasarás todo o día fóra? ¿Outra vez? Non me importa, eu teño que traballar, pero ¿por que te pos colorado cando mo contas? ¿Por que non me miras ós ollos?
De pronto un ruido interrompe a función. Desconcentrámonos. A muller sen rostro érguese da butaca. Isto non viña no guión… ¿Ela tamén é parte da obra? Desfila co seu vestido de finxida inocencia cara o medio do pasillo e alí queda parada un intre. Mírame ós ollos… Mírate… Ti a miras… E cae o telón. ¿Cando poderei saber como acaba a función?
[Falando de Fin de Ano, aproveito para desexarvos a todos un 2008 inmellorable e inesquecible cheo de sorrisos, bos momentos e desexos cumpridos
]
decembro 30th, 2007 at 6:30 am
A vida é para vivila, se ti o pasas ben nesa dinámica segue así. Senón fai algo mais que mudar de ano. É un consello.
decembro 30th, 2007 at 6:40 pm
Pregúntome cantas esceas se necesitarán para chegar ó fin da obra. Ou o mellor xa se chegou o final, pero as esceas continúan por mor dos actores e, se é así, pregúntome por qué ninguén baixa do escenario, ó mellor é só polo medo de baixar dun para subirse a outro. Pregúntome si eleximos as esceas ou veñen dadas co escenario, pero entón, ¿pódese elexir o escenario ou non?
Feliz ano e baixa xa, cambia de escenario e logo me contas, así o mellor tamén baixo eu do meu. Bicos.
decembro 30th, 2007 at 7:49 pm
Nin se vos ocurra baixarvos!!!. Non vos percatades que o público tamén actua?
(Felices actuacións no 2008)
decembro 31st, 2007 at 3:00 am
Turonio, realmente tampouco o paso tan mal con este tema… En determinados momentos si que me dá o baixón, e é nese intre cando aproveito para escribir. O resto do día sigo á miña bola… Pero si, creo que tes algo de razón… terei que plantexalo como un propósito para o 2008.
Silvana, eu tamén me pregunto o mesmo… Pero non sei se quero baixar, aínda que debería. Quizáis deberia atreverme antes a intentar aclarar as cousas cunha conversa sinceira… ¿E se simplemente son unha paranoica? lol jajajaj. Pero se tal vai baixando ti, e xa me contas ti como vai… jajaja. ¡Vaia par de dúas!
Chousa, todos actuamos… Pero algúns o viven e outros non… Iso é o que precisaría saber.
Mañá (Fin de Ano) pode ser a proba definitiva… Xa veremos se acaba a función ou se todo segue lonxe dos focos…
xaneiro 1st, 2008 at 1:13 am
Mar e Lúa, che desexo un aninovo de boas brivacións e que os teus desexos se cumplan.
saúdos
xaneiro 3rd, 2008 at 1:11 pm
Pareceume un relato fantástico, eu mesma teño varios nos que a idea da vida como un teatro anda pululando, pero sen dúbida o teu gústame máis.
xaneiro 4th, 2008 at 6:35 pm
O final é a estrela principal a que o ten que decidir, non hai outro director guionista nin público que non sexa ela. Que remate cando ela o queira rematar. Bon aninovo. Bicos.
xaneiro 6th, 2008 at 9:06 pm
A conversa non é mala idea…, pero fai o que precises tí para ser tí mesma.
xaneiro 8th, 2008 at 8:59 pm
Como relato, encántame. Como actitude…. colla o telón, arrínqueo, e a VIVIR. Non hai obra que pague a pena mirar ata o final, se non cumpren as espectativas que puxemos nela.
Unha aperta.
xaneiro 11th, 2008 at 1:55 pm
Sempre se dí que os bos actores cando están cansos de repetir a función tódolos días improvisan,saen do guión e dánlle un xiro,as veces a función resulta……….
bicos.
xaneiro 14th, 2008 at 9:28 pm
E a primeira vez que te leo. Hei dar unha volta amodiño por o resto das entradas. Nesta que acabo de ler sentinme moi identificada, (cando unha é xa madura, leva vivido cousas que atopan semellanzas amiudo). I ás veces os actores ou actrices do teatro da vida, ainda que non queiran cambiar a obra, resulta que lle saen guionistas innovadores e fan que un cambie de escea, queira ou non. Asi que, sempre será mellor adiantarse e meterse a guionista. (Eu poucas veces o fixen, cando me decataba, sa me cambiaran a escea, e cambiariao, se poidera)
xaneiro 14th, 2008 at 9:29 pm
Agora que dei unha voltiña decátome de que xa pasara por aquí antes… claro, por algo volvín
xaneiro 25th, 2008 at 10:52 am
Alguén de por aquí seguiu o consello da Doutora Seymour e arrancou o telón mentras ía baixando do escenario.
xuño 28th, 2008 at 8:15 am
Just chill on and enhance your libido for sure success.
http://www.libido-enhancers.com
setembro 13th, 2008 at 8:27 pm
Free slots signup bonus no deposit…
Free slots signup bonus no deposit…