Vitaminas

Que se pare o planeta. Que deixe de existir a música. Que se rompan todos os poemas do mundo. Dame igual con tal de que o tempo vaia máis lento… Así poderei aproveitar cada milicentésima de segundo ó teu lado. Non preciso máis nada.

Dúas noites durmindo ó teu lado son como dúas vidas vividas ó límite. Énchesme de enerxía, fas que creza en min unha sensación irreprimible de querer berrar ata que o mundo se nos quede pequeno. Convertes o sorriso no único xesto da miña cara, que só desaparece para fundir un bico na túa pel. As miñas bochechas crecen cos teus agarimos, e os reloxos deixan de medir os segundos. ¿Por que facelo cando se poden cronometrar as olladas?

Todo está mellor cando estou contigo. ¡Como me gusta esta cara de parviña que se me pon! Agora só hai que deixar pasar o tempo sen preocuparse polo guión. Voume deixar levar polo furacán que me remove por dentro e aproveitar cada anaco de felicidade que se agoche tras o tempo.

Quizais esa sexa a mellor fórmula para ser feliz…

10 Responses to “Vitaminas”

  1. Chousa da Alcandra Says:

    Seguro que o deixarse levar por ese tipo de furacáns é un remedio para ese -ti mesma o dis- ANACO de felicidade. Víveo con esa intensidade. Ata eu me sentín ben ó carón do tio ese que permite que o tempo se poida medir en olladas en troques de segundos…

    Un bico (se queda sitio para él)

  2. Silvana Says:

    Uffff, déixasme perdida. ¿Baixaches do escenario? ¿sigues no mesmos? ¿cambiaches o guión? ….

    É igual, a felicidade voltou, disfrútaa. Un saúdo.

  3. soros Says:

    Ojalá se pudiera siempre vivir en ese estado. ¿Por qué ni el físico ni la mente nos lo permitirá?
    Me ha gustado mucho.
    Saludos.

  4. Mar e Lúa Says:

    Chousa, sinto moito dicirche que non penso compartilo (polo menos de momento) jajajajaj. Sempre queda un oquiño para un bico teu, é máis, estou encantada de recibilo :) Outro bicazo para ti!

    Silvana, non sei que fixen nin co telón nin co escenario… Non fixen nada! Jajaja. Foi el, que dun día para outro estaba máis riquiño que nunca. Eu simplemente me deixo levar, aproveito o momento, sabendo que as cousas poden cambiar para mal igual que cambiaron para ben. Unha aperta moi forte!

    soros, xa me gustaría poder responderche a esa pregunta, pero non teño a contestación… Supoño que se non houbese momentos peores tampouco saberiamos valorar e disfrutar tanto os mellores…

    En fin, a ver canto dura :)

  5. Zeltia Says:

    e… “bochechas” que é o que ven sendo?

    Miña filla, xa vexo que estás na cima da montaña rusa!, bueh, supoño que hai que ir pasando todas as etapas. Disfruta de esta, fas ben en non pensar na baixada, xa que lle botaches os collóns de subir! noraboa e a vivir!

  6. A Conxurada Says:

    Pois ti segue a practicar coa fórmula da felicidade, e cando esteas segura de cal é exactamente avísasme, si? que ando interesada en atopala.

  7. Pau Says:

    pois é probable que rachar co guión seña o segredo da felicidade… Pero quen pode presumir de que non sigue un guión.

  8. ninsesabepuntocom Says:

    Levaba un tempo sin vir por aquí e mira ti cantas cousas pasaron.
    Eu o único que podo decirche xa o sabes, porque sábeo todo o mundo, e xa o dicían os clásicos, cada un á súa maneira, e como a min me gusta a poesía, cédolle a palabra a Garcilaso:

    … coged de vuestra alegre primavera
    el dulce fruto antes que el tiempo airado
    cubra de nieve la hermosa cumbre.

    Pois iso.
    Carpe diem.
    Moita sortiña no ano que comenza.

  9. Mar e Lúa Says:

    Zeltia, as bochechas son os ‘mofletes’… Creo que non coñezo ningunha outra palabra en galego para chamarlles… Como lles chamas ti? Quero ampliar o meu vocabulario bochechil… ¡A saber que estabas ti pensando que eran! Jajaj

    Conxurada, creo que a fórmula aínda é algo inestable… Pode facer unha reacción química en calquera momento, e a saber como acaba a cousa jajaja! Ardendo? Botando fume? Apestando? Envelenándonos? Cando a teña máis segura xa cho direi a ver se a ti tamén che funciona :)

    Pau, o caso xa non só é que o segue, senón quen consegue escribir o seu propio guión… Supoño que iso é o que todos desexamos, non?

    Ninse, benvido de novo! Que alegría terte por aquí outra vez, que xa botaba de menos os teus consellos e opinións :) E máis se veñen en forma de poesía! Moitas gracias polos bos desexos, un bicazo moi forte :)

  10. Zeltia Says:

    pois eu chámolle fazulas ás bochechas :-)

Leave a Reply