Os zoos son para as persoas
.
.
Hoxe fun ó zoo coas do piso, por iso de facer algo distinto… Pasamos toda a mañá, dende as 11 ata as 3, camiñando entre gaiolas e animais de todo tipo. Todo para chegar a unha conclusión: os zoos son para as persoas, non para os animais.
Os crocodilos non tiñan nin sitio para moverse, os monos tiñan moitos xoguetes e cordas para entreterse pero estaban todos amontonados nun espacio acristalado no que os nenos non paraban de petar, os tigres estaban nerviosos e estresados polas ducias de flashes dos visitantes, e os golfiños aburridos de facer sempre o mesmo número nas tres sesións de espectáculo que ofrecen cada día.
As súas vidas consisten en quedar quedos, sempre no mesmo escenario, expostos ás miradas e ás cámaras, botando unha soneca de cando en cando. Coñecen de memoria cada rincón das súas gaiolas, e o máximo ó que poden aspirar é a que os seus coidadores lles dean unha dose extra de comida. Como este animaliño da foto (non lembro se era un leopardo), que estaba pegadiño ós ferros que o encerraban. Notábaselle triste. Mirou para o meu obxectivo, aburrido, distraído… Un máis entre tantos. Non lle puxen flash á cámara, simplemente disparei e quedei mirando para el, intentando imaxinar como sería a miña vida dentro dunha gaiola de ferro e exposta ás miradas de panteras, pelicanos e elefantes.
Esta é a única das fotos que fixen na que se ven as rexas que os encerran. Mirádelle a cariña…
Habería que botar unha ollada ás condicións en que viven os animais nos zoos.
xaneiro 27th, 2008 at 10:48 am
É unha pena, somos uns egoístas. A min tampouco me gustan os zoos, nin as tendas de animais cando vexo alí metidas ardillas, coellos enanos, e demáis variedades encerrados.
xaneiro 27th, 2008 at 2:57 pm
a min pasoume algo parecido, pero os nenos disfrutaron…
xaneiro 27th, 2008 at 3:02 pm
Certamente pouco teñen que ver as miradas do animaliño enreixado coa da rubia que campea no meu último post (i eso que ésta goza somente dunha semiliberdade…).
Unha aperta
xaneiro 27th, 2008 at 9:20 pm
O ser humano tenta reproducir os seus propios esquemas, sempre. Un zoo e outro espello inutil onde mirarse, non recibimos nin sequera as nosas mensaxes.
xaneiro 29th, 2008 at 5:22 am
Siempre me he preguntado por qué las personas nos consideramos dueñas de los animales salvajes. Mal está lo de los zoos, pero aún hay quien los mata simplemente por lo que llaman “trofeos” (unos dientes, unos cuernos…) o para disecarlos. Tiene todo tan poco sentido…
xaneiro 29th, 2008 at 9:19 pm
Todo isto ten unha lectura no que respeta as xaulas de ouro (por moito que sexa de ouro, non deixa de ser unha xaula) que, o animal humán e moito máis animal que os que ti representas no post. Coido que cada vez que imos cara a destrución do mundo mundial, ao final de todo vaise trocar os términos, os racionais seran eles e os irracionais nós
xaneiro 29th, 2008 at 10:49 pm
De todas maneiras non te fies da cariña, e non se che ocurra abrirlle a porta. Ainda non hai moito houbo un que quixo liberar a uns tigres e merendárono. Non hai direito que nestes tempos existan ainda os zoos.
xaneiro 30th, 2008 at 1:07 pm
A mín pónme moi triste o zoo,o circo,as gaiolas de paxaros,as tendas de animais sempre me pregunto qué faran cando non os vemos??
bico.
febreiro 2nd, 2008 at 1:24 am
Sería ideal que, de haber zoos, estes estivesen sen reixas como hai en bós zoos.
febreiro 2nd, 2008 at 4:48 am
Felicitacións polo teu blog.
Caín eiquí de casualidade, estou nunha desas noite de insomnio, e quedei enganchada con cada un dos post. A festa do chocolate pareceume unha estupenda idea!!, e coa historia da singular parella do fisio escachei coa risa (que por certo alí tamén deixei a miña pegada).
Respecto aos zoos, non deberían existir, xa que o que alí hai non son animais se non réplicas exactas destes con movemento, os suficientes para entreter á xente, e por moito que digan que teñen unha función de aprendizaxe, mentira, eu fun tres veces na miña vida e non me ensinaron nada novo.
Por certo, non sei se algunha vez te achegaches ata o zoo de Vigo, pero se aínda non o fixeches non o fagas, é deprimente, eu saín toda cabreada, a berros, armando un espolio e deixando colarados/as os meus acompañantes. Non pedín a folla de reclamacións aínda non sei porque.
A partir de agora serei unha habitual do teu mundo.
febreiro 3rd, 2008 at 9:10 pm
Os zoos, non son para os animáis, nin as persoas,
son para aplacar as conciencias dos homes que
destruen o mundo o seu redor, e así poder pensar
canto fan pola natureza salvandoa da destrución.
febreiro 6th, 2008 at 10:20 pm
Nos tempos que corren os zooloxicos carecen de sentido. Son unha tortura. Quizas si que alguns homes merecerían estar ali encerrados, e non precisamente para admiralos