O que se espera dos gatos
.
.
A gatiña espertou, preguizosa, envolta nas sabas da súa cama. Pouco a pouco foi abrindo os seus ollos amarelos, que parecían brilar na penumbra da habitación. Bocexou facendo unha onda coa súa lingua rosa e áspera, abrindo tanto a boca que deixou entrever os seus pequenos colmillos brancos.
Desperezouse sen présa, estirando as patas dianteiras e cravando lixeiramente as unllas naquel colchón duro e vello. A esquerda, a dereita, e agora outra vez a esquerda… ¡Que sono!
Este exercicio aínda lle levou uns segundos, ata que decidiu marchar orgullosa daquela habitación, deixando que o seu carácter e a súa independencia se plasmasen naqueles andares felinos e elegantes. Antes de saír aínda tivo tempo de xirar a cabeciña e mirar para atrás. Así viu aquel vulto que se escondía do frío da noite cubríndose cun nórdico, regocixándose en quen sabe que soños. Coma sempre, respiraba máis rápido que a maioría das outras persoas… A ela gustáballe durmir enriba do seu peito, deixando que aquela respiración a mecese coma se fose un bebé. Derretíase con aqueles aloumiños no lombo, as caricias detrás da orella… Non podía evitar ronronear cando sentía aquelas mans mornas sobre o seu corpo.
Pero xa estaba ben. Xa era abondo. Non tiña razóns para marchar, pero ía facelo porque a ela lle petaba. “Ó fin e ó cabo, é o que se espera de nós, os felinos: que sigamos as nosas arroutadas sen pensar en nada máis. Somos independentes”. Así que pechou os ollos por última vez, capturando aquel olor na súa memoria, e saíu pola rendixa que deixaba a porta entreaberta.
Camiñou cara outra habitación da casa, cara unha cama onde non durmía o seu dono. Alí, ós pés daquela figura semidescoñecida que tamén descansaba, acurrucouse facéndose case unha boliña peluda. Notou como aquela figura espertaba ó sentir o seu calor tan de preto, ollándoa na escuridade cun sorriso que a cautivou. Movida por eses instintos felinos, a gatiña levantouse para logo deixarse caer rozando a súa man, roubándolle un agarimo.
Xa volvería canda o seu dono cando lle petase de novo, se é que lle apetecía antes de que chegase o día seguinte.
“Ó fin e ó cabo todo o mundo sabe o independentes que somos os gatos. É o que se espera de nós, os felinos”.
febreiro 4th, 2008 at 10:57 am
No sé por qué me da la impresión de que ha sido todo una metáfora. El gato es precioso.
Un saludo.
febreiro 4th, 2008 at 11:16 pm
Uff! aquí por Corme, o conto dos gatos trai “cola”…
febreiro 5th, 2008 at 11:49 am
Parabens por este conto gatuno.
febreiro 6th, 2008 at 12:04 am
Vou ser boiño e non afondarei máis do que fixo Silvana. Ao fin e o cabo…é o que se espera de nos, os blogueiros.
(Outro día cóntasnos que tal lle foi ó gatiño coa sua cana?)
febreiro 6th, 2008 at 8:35 pm
O espertar dos gatos sempre me deu envexa, estricarse así, sen que quede un tendón a salvo… que gusto…
febreiro 7th, 2008 at 7:19 pm
Facer o que se espera de un non é bo,hai que sorprender para captar a atención,por eso son tan felices os gatos……………
bicos
febreiro 14th, 2008 at 1:26 pm
Cuando leo las cosas que escribes en tu bellísima lengua, no puedo evitar pensar qué triste es un país donde nos nos enseñaron a querernos. Me emociona lo que escribes por cómo lo haces y por las palabras de una lengua, que nadie me dijo que existiera, y que me parece, si me permites el término, la más agarimosa que conozco.
Saludos.