Espertar
O peor momento do día é, case sempre, o espertar. A radio empeza a dar o coñazo con algunha canción de moda xusto antes de que che desexe bos días un locutor con voz de “Ola-acabo-de-meterme-un-tripi-para-poder-falar-con-esta-alegría-a-estas-horas-intempestivas”. Cun cabreo monumental, doulle un golpe ó botón do despertador que apaga o son durante dez minutiños e intento botar unha mini-soneca.
Pero axiña soa o despertador do móbil (é que se non, non me ergo nin ás sete da tarde!). Apágoo e doulle para que soe outra vez ós dez minutos… E así infinitamente ata que por fin, 40 minutos despois, consigo reunir forzas para erguerme.
Ata que non teño o meu café quentiño nas mans eu non son persoa. E iso é un feito obxectivo e demostrado.
Pero estes días que tiven de vacacións sorprendinme a min mesma. Volvín a casa de mamá e papá e descubrín que hai unha forma mellor de espertar: a Fórmula Mami!!
É unha das cousas que máis me gustan de estar en casa. Así non preciso nin o café para estar de bo humor. Sempre lle deixo unha notiña ó lado da súa taza do almorzo desexándolle bos días e dicíndolle a hora á que quero que me veña chamar. Ela nunca se esquece, e vén puntual e sen facer ruído á miña habitación. Eu acordo nada máis abre a porta, pero teño que facerme a durmida. Cando pensa que non me entero achega a súa man á miña cara e me toca moi suavemente as meixelas. Logo retírame o pelo da fronte e dos ollos, dicindo o meu nome en voz baixiña. Pronúnciao a modiño, case nun susurro, mentres que as súas mans xa me van acariñando o pelo pouco a pouco. Coma quen esperta a un neno pequeño.
Ás veces me costa moito traballo non deixar escapar un sorriso tonto, pero non podo ceder na miña estratexia. Ten que seguir pensando que durmo para prolongar o máximo posible ese momento que tan poucas veces podo disfrutar.
Nunca me ergo tan contenta. Mentres quento a leite para o café, ela senta na cociña a ler o xornal, e eu vou cantando polo baixo unha canción calquera cun sorriso debuxado desde ben cedo…
Miña nai, miña naiciña
Como a miña nai ningunha
Que me quentou a cariña
Co calorciño da súa
Febreiro 16th, 2008 at 10:31 pm
O “deses cinco minutiños máis” parécenme unha tortura (no teu caso multiplicada). Eu son dos que se zampa da piltra ainda non apagados os estertores do único pitido do despertador.
E claro que non pode haber locutor (nin siquera J.Losantos) que lle chegue aos fios das zapatillas de mamá!!!! Vaiche boa…
Febreiro 17th, 2008 at 1:49 am
Un texto muy bonito, que envidia me das,
disfruta mucho en casa de tus padres.
Febreiro 17th, 2008 at 1:27 pm
¡Pero qué sorte tes, pillina!
Jjajajajj, eu confórmome co despertador.
Febreiro 17th, 2008 at 11:43 pm
Non me extraña que fagas trampas coa túa nai…eu faríao tamén !.
Eu son de rápido e bó espertar.
Febreiro 19th, 2008 at 12:37 am
Entendo o felíz que eres cando a túa nai faiche carantoñas, cando ela pensa que estás durmida.
Febreiro 19th, 2008 at 2:23 pm
Dende logo non hai mellor despertador que as mans e o agarimo dunha nai.
Apertas.
Febreiro 20th, 2008 at 11:49 am
Estou chorando pero non deixo de agradecerche os momentos fermosos que me fixeches acordar e que xa non voltareí vivir………….
bicos
Febreiro 21st, 2008 at 10:06 pm
É difícil comprender o amor dunha nai.
Ti tes sorte, entenderalo cando sexas nai.
Eu non podo, que só son pai…
Biquiños.
Febreiro 24th, 2008 at 3:28 am
me dejas con los ojos húmedos. mi madre era tan tierna y dulce, mimosa conmigo, como la tuya. ¡no sabes la de veces que la echo de menos! y muchas veces voy cantando bajito con la voz temblona por la emoción esos versos que pusiste, ela tamén quentaba a miña cariña co calorciño da sua…
me cuesta mucho levantarme, soy de las que se somete voluntaria a la tortura de sonar una y tres o cuatro veces más el despertador. en vacaciones, ella me llevaba el desayuno a la cama. mientras comia mis tostadas leia el libro que me tuviera atrapada en ese momento. y la vida era sencilla. o tal vez nunca lo fue y solo me lo parece ahora en la distancia.
este post que nostalgia me trajo, vermelliña.
Marzo 7th, 2008 at 12:24 am
ah… esa canción moito me recorda á miña nai.