Os coches que berran
Hoxe non fun traballar porque levo dous días con febre. Ó mellor é por mor de tanta campaña electoral, tanto anuncio, e tanto coche que berra…
É que teño un trauma eu cos coches eses que levan altofalantes e que van berrando pola rúa: VOTA PEPÉ!! VOTA PESOE!! SÍ, SÍ, IZQUIERDA UNIDA SÍ!! VOTA… BENEGÁ!!! ¿De verdade pensan que van conseguir máis votantes molestando mentres intentas botar unha soneca ou escoitar a radio? Eu a verdade é que este ano seguín pouco a campaña, e como xa votei (ó estar lonxe da terra tiven que decidirme antes, non sen esforzo), pois tampouco me molestaron tanto. Xa sei que sempre falo dos coches que berran cando hai campaña, pero é que (ademáis do devandito trauma) teño unha teoría sobre eles…
Os coches que berran non teñen o obxectivo de captar votantes, senón simplemente de molestar, crear ese ambiente de debate e de “¿Ti a quen vas votar? Non cho digo, que o voto é segredo de Estado!”. Se vos fixades, ás veces anuncian mítins, pero en moitas ocasións só piden o voto para os seus candidatos.
En fin, que agora xa é tarde, pero creo que nas próximas eleccións collerei unha libretiña na que irei apuntando cantas veces escoito o coche que berra de cada partido, e ó final, se teño dúbidas á hora de votar, votarei ó que menos molestase durante a campaña.
Marzo 7th, 2008 at 5:14 am
Si fas esas anotacións nas vindeiras eleccións dende logo que o PP e o PSOE non lle votas. Porque anda que non fan ruido eses cos coches !!
Marzo 7th, 2008 at 10:16 am
Que sí, que son uns pesados. Non hai moita diferencia do voceiro no medio da plaza “por orde do Sr. gobernador se comunica que ….”. Son uns petardos. Senón fora porque podemos votar, non sei eu en qué se diferencia do Antiguo Réximen.
Un saudiño.
Marzo 7th, 2008 at 10:21 am
Mimadriña!!! Nos países civilizados iso non se fai. Deberíase chegar a un acordo que acabe con iso.
Marzo 7th, 2008 at 4:43 pm
Raposo, tranqui que xa non tiña pensado votar a ningún dos dous… Iso xa o teño decidido dende agora
Silvana, alédame ver que non son a única que lles ten tanta manía jajajaja. Por certo, non podo entrar no teu blogue dende hai uns días, e xa teño mono de ler os teus relatos
Turonio, sabes que é o peor? Que sempre berran os mesmos, só se lles escoita a eles. Cando vaiades votar ides flipar coa cantidade de partidos que hai, pero deses só berran catro ou cinco: os que xa coñecemos de sempre. Os que non berran son os que non teñen cartos para que os coñezamos. Unha loita kamikaze… De todos xeitos, eu opino coma ti: habería que acabar con eles.
Marzo 7th, 2008 at 10:49 pm
Eu, por sorte ou por desjracia, xa hai uns anos que non teño que escoitar os dichosos coches, tamén ando fora da terra coma ti. E tamén coma ti, xa votei hai uns días. Noraboa polo blog!
Marzo 7th, 2008 at 11:51 pm
Son pesados, si.
Ogallá te recuperes de todo e que o goberno que saia escollido sexa bó.
Marzo 8th, 2008 at 2:32 am
Pois podes meter a punta do dedo na queimada cando arde que o lume é lixeiro e aguantas a calor un par de segundos e logo soplas para apagar o lume e despois metes o dedo na boca para probala.
Eu xa o fixen con chupachups e todo !.
Marzo 8th, 2008 at 6:24 pm
Paréceme que esto das campañas tamén ten que evolucionar. Non ten sentido ningún toda esta quincallada berrando polas ruas.
Agardo que te mellores desa gripe.
Marzo 8th, 2008 at 11:19 pm
Espero que te poñas ven pronto!!! Bikos
Marzo 9th, 2008 at 1:54 am
Bueno, a campaña tamen ten momentos graciosos, e xa circulan mensaxes ca “niña de rajoy”
Marzo 10th, 2008 at 12:11 am
Yo también me preguntaba en qué podría influir tanto grito en la intención de voto de la gente… y me has dado una idea: debe de ser por eso: para generar “clima”.
Que te mejores de tu gripe, un bico (de lonxe, por si acaso jeje)
Marzo 10th, 2008 at 10:16 am
Mar, os berróns xa remataron, agora empezarán cos vítores. Agora esperar as autonómicas que volverán a saír os berróns a rúa.
Marzo 10th, 2008 at 11:25 pm
Por Corme non veu ningún