Días de merda
.
.
Hai días nos que, irremediablemente, todo ten que sair mal. Hoxe é para min un deses días, téñoo claro a pesar de que apenas é a unha do mediodía.
A véspera normalmente empezan a aparecer avisos para que te prepares psicolóxicamente durante a noite para o día de merda que está a piques de chegar. Por exemplo, onte intentei solucionar un pequeno problema con miña irmá que veño arrastrando dende fai dous meses. Pero, lonxe de solucionalo, aínda se empeorou. Non importa que poñas da túa parte todo o posible e parte do imposible: ten que sair mal para avisar do día de merda.
A noite antes destes días merdentos nunca dormes ben. Chámalle pesadelos, chámalle insomnio, chámalle preocupación ou festa dos veciños… E non haberá ningunha forma de poder evitalo.
E así vai chegando o día de merda propiamente dito. A máxima que rexe esas 24 terribles horas é a supercoñecida Lei de Murphy. Poñamos un caso práctico: as miñas 13 primeiras horas de hoxe:
-Puxera o espertador ás 9 e media, pero acordei antes ás tres, ás seis e pico e ás 9 menos cinco.
-Cando soou o espertador, quedei durmida ata ás dez e media.
-Ó meterme na ducha non daba atopado a temperatura axeitada da auga, e por non ducharme en auga fría case me escaldo a pel.
-Fun comprar catro cousas ó súper e ó final, o tiquet da caixa marcaba exactamente 27′22 euros.
-O cupón de desconto de 2 euros do súper só era canxeable por unha compra superior a 40 euros (podía ter sido peor: superior a 30, que fode máis).
-Non hai espacio no frigo para meter esas catro cousas.
-Como non hai espacio no frigo, decido meter algo na miña balda do armario, e ó abrir a porta caen 5 tupperwares que estaban mal colocados na balda de arriba.
-Os tupperwares non se limitan a caer, senón que fan o esforzo de caer sobre un montón de migallas de pan e pepitas de tomate que algunha das miñas compañeiras de piso non limpou esta mañá.
-Ábrome unha das cervexas que acabo de comprar, facéndome dano no dedo co chisme de quitar a chapa.
-Unha vez aberta e co meu dedo enroxecido, descubro que esquecera metela no frigo e vén do tempo. ¡Que noxo!
-Cando volvo á habitación, fúndeseme a bombilla.
-Logo de fundirse a bombilla, esgótaseme a pila do MP3
-Póñome a escribir no blog e esquezo que deixara unha coliflor a ferver na cociña…
Pero xa tanto me ten. Por moito que faga, a coliflor leva escrito no seu destino que ten que botar toda a auga por fóra e acabar medio queimada e pegada á pota.
Por todo iso, fago unha chamada desesperada ós deuses da fortuna. Porque 24 horas son demasiadas nun día de merda…
marzo 31st, 2008 at 4:03 pm
Non cantes victoria que aínda te quedan horas para rematar o día. E non olvides que despois dun día de merda, chega o día de sorte, así que ánimo para pasar as horas que restan. Non desesperes.
Un saúdo.
marzo 31st, 2008 at 6:55 pm
Esquecera outro pequeno incidente…: rompeume a correa do reloxo sen que lle fixese nada!
Gracias polos ánimos, Silvana. A ver se tes razón e vén o de sorte xa jejej
marzo 31st, 2008 at 8:45 pm
Bueno, só che quedan 3 horas e pico do teu día de merda… ánimo! Supoño que non beberías a cerveza… non hai cousa pior cunha cerveza do tempo, bueno… que che den unha patada nos collós bebendo unha cerveza do tempo si que é pior!!
Ánimo que xa foi!! Saúdos!
marzo 31st, 2008 at 11:29 pm
Carallo, debes ter as bruxas na casa. proba a ter rastra de aios no bolso, algo facerá, digo eu.
Mira a cousa positiva do día, penso que algunha tiveches. De todas esas cousas negativas que che pasaron tes que atopar o positivo. Carga as pilas e pensa no positivo. Ánimo e a o touro.
abril 1st, 2008 at 11:08 am
Esqueceches contarnos o cheiro que deixa a coliflor queimada no lume………….
ánimo que despois de maio ven San xoan.
abril 1st, 2008 at 10:04 pm
Pensa:
Sempre pode ser PEOR!!!.
Non serve de ánimo pero bueno.
abril 2nd, 2008 at 1:11 pm
Bueno, xa se acabou o día de merda… Jajaja, e parece que as augas volven ó seu cauce.
Pablo, o que fixen foi metela no frigo e bebela ó cabo de media hora… Non sabes que ben me sentou! jajaja
Sarampelo, ó final o día non rematou de forma tan tráxica. Como di Hermaco, podía ter sido moito peor!
Vermella, mellor que non vos conte como ule unha coliflor queimada… Non é nada agradable… Quizáis o deixe para outro post
Moitas grazas a todos polos ánimos!
abril 2nd, 2008 at 3:36 pm
Eu máis que un día xa levo unha semana de merda…pero todo pasa, tanto o bo como o malo.
abril 3rd, 2008 at 11:38 pm
O malo dos días de merda é que repítense cíclicamente cada certo tempo. Alégrome que sobreviviras.
abril 11th, 2008 at 12:27 am
enfoca en que tes días de merda e non unha vida de merda e vai pasar mais rápido. Como di o Raposo, o caso é sobrevivir…
abril 16th, 2008 at 9:33 am
Maaaaaaaaaarrrrrrrrr!!!! ¿onde andas? ¡Nos tes abandoados!