Liada…

Escribo este post porque si, Silvana, tes toda a razón… Ultimamente ando algo liada, un pouco no meu mundo, e a verdade é que vos teño (a vós e ó blog) un pouquiño abandonados.

 Pero isto vaise rematar xa. A partir de agora prometo poñerme máis en serio co blog e escribir máis a miúdo. E por suposto, visitar máis os vosos blogs.

 O motivo de que estea tan ausente dende hai uns meses é que non teño moito tempo. Quítanmo o traballo, outros proxectos que tiña entre mans e un proxecto con nome de home (xa me entendedes). Ademáis estou nun momento en que non acabo de saber moi ben o que quero, en pleno cambio de mentalidade, e a verdade é que necesito aclarme antes de poder comunicarme co mundo exterior jajaja.

Outra das razóns polas que andaba perdida é que tiven un pequeno problema personal con alguén moi próximo a min. Aproveito tamén para mandarlle a aperta máis forte do mundo a unha persoa que nunca vai saber que lla mandei porque non sabe que existe este blog. É unha amiga miña, uns anos menor ca min, á que sempre protexo moito e que está atravesando un momento moi duro. Xa que non me atrevo a dicirllo á cara, envíolle un agarimo dixital con sabor a “Non pasa nada, agora o importante é que ti te poñas ben. Pola miña parte está todo esquecido. Quérote, aínda que nunca cho diga”.

4 Responses to “Liada…”

  1. Suso Lista Says:

    Ti non te preocupes por nada, e aclara o que teñas que aclarar. Nos tamén te queremos

  2. Silvana Says:

    Estás perdoada!!!!!! Pero non te me despistes.

    Un saúdo agarimoso.

  3. Chousa da Alcandra Says:

    Aduces razóns abondosamente válidas como para andar “despistada”; de xeito e maneira que, como di Suso, que esta ventaniña non sexa nunca motivo de preocupación nin de obriga; que obrigas xa temos de sobra na vida real.

    Unha aperta

  4. Pablo Says:

    Dillo!!! (que a queres)

    ¿Que che parece o Monte do Gozo?, xa ten o nome e todo!! :-)

    Apertas!

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image