Fufulaia

Entrou sorrindo e cunha foto na man. Camiñaba con ese andar típico dos nenos que están a piques de cumplir dous anos, gracioso e sen medo. Era loira e de cabelo fino, tan fino que parecía calviña cando a luz caía perpendicular sobre a cabeza.  Levaba unha saia texana con volantes e unha camiseta cun gatiño debuxado.

Así como entrou revolucionou a oficina. Todos os traballadores se achegaban a ela, axeónllábanselle diante e falábanlle con voz aguda e a modiño.

-¿Como te chamas?
-Átima.
-¿E cantos anos tes?
-Ashí -respondía ela facendo un V cos dediños.
-Dille, Fátima, dille cantos anos tes.
-Doush -contestou sen baixar os dedos
-¿E que queres ser de maior?
-Fufulaia.
-¿Como? -preguntaron todos estrañados
-Fu… fu… ¡laia! ¡Fufulaia! ¡FUFULAIAAA!

Todos desviaron as miradas cara ós seus pais, buscando unha traducción. “Funcionaria”, dixeron eles con cara de orgullo.

¡Hai que ver! ¡Lévanos ben aprendidos xa dende cativos!

7 Responses to “Fufulaia”

  1. Silvana di:

    Jjajaja, moi bo. Agora o soño dos humáns é ser funcionario. Vou a ver eu se entro de funcionaria na Garda Civil, ajjajajajaj. Me parto só de pensalo.

  2. turonio di:

    unha vida que nunca chegou a ter esperanzas alen de comer todos os días.

  3. Manuel Busto di:

    Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
    Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
    Para máis información:
    http://blog-xuntanza.blogspot.com

  4. Pablo di:

    Ser funcionario xa non é o que era… ese ser respetado e con posición privilexada. Átima non sabe no follón que se vai meter, pobriña!

  5. paideleo di:

    Primeiro queren ser fufulaias e logo princesas.
    Mui bo.

  6. Iñaki di:

    Eu só andaba buscando fotografías da praia da Lanzada, zona na que veraneo cada ano, e a imprevisible marea virtual levoume ata a rede deste blog, a unha entrada de abril do ano 2007 onde sae unha pintura de tan fermosa praia.

    Perdón polas faltas que puidese haber no meu comentario porque a pesar de levar sangue galega nas miñas veas, nacín e vivín toda a miña vida moi lonxe de alí.

    PD: Moi graciosa a anécdota

  7. jajaja, que cativa máis feita.