Fufulaia
Entrou sorrindo e cunha foto na man. Camiñaba con ese andar típico dos nenos que están a piques de cumplir dous anos, gracioso e sen medo. Era loira e de cabelo fino, tan fino que parecía calviña cando a luz caía perpendicular sobre a cabeza. Levaba unha saia texana con volantes e unha camiseta cun gatiño debuxado.
Así como entrou revolucionou a oficina. Todos os traballadores se achegaban a ela, axeónllábanselle diante e falábanlle con voz aguda e a modiño.
-¿Como te chamas?
-Átima.
-¿E cantos anos tes?
-Ashí -respondía ela facendo un V cos dediños.
-Dille, Fátima, dille cantos anos tes.
-Doush -contestou sen baixar os dedos
-¿E que queres ser de maior?
-Fufulaia.
-¿Como? -preguntaron todos estrañados
-Fu… fu… ¡laia! ¡Fufulaia! ¡FUFULAIAAA!
Todos desviaron as miradas cara ós seus pais, buscando unha traducción. “Funcionaria”, dixeron eles con cara de orgullo.
¡Hai que ver! ¡Lévanos ben aprendidos xa dende cativos!
abril 21st, 2008 at 9:27 am
Jjajaja, moi bo. Agora o soño dos humáns é ser funcionario. Vou a ver eu se entro de funcionaria na Garda Civil, ajjajajajaj. Me parto só de pensalo.
abril 21st, 2008 at 4:08 pm
unha vida que nunca chegou a ter esperanzas alen de comer todos os días.
abril 21st, 2008 at 6:41 pm
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com
abril 21st, 2008 at 8:09 pm
Ser funcionario xa non é o que era… ese ser respetado e con posición privilexada. Átima non sabe no follón que se vai meter, pobriña!
abril 22nd, 2008 at 1:44 am
Primeiro queren ser fufulaias e logo princesas.
Mui bo.
abril 22nd, 2008 at 12:12 pm
Eu só andaba buscando fotografías da praia da Lanzada, zona na que veraneo cada ano, e a imprevisible marea virtual levoume ata a rede deste blog, a unha entrada de abril do ano 2007 onde sae unha pintura de tan fermosa praia.
Perdón polas faltas que puidese haber no meu comentario porque a pesar de levar sangue galega nas miñas veas, nacín e vivín toda a miña vida moi lonxe de alí.
PD: Moi graciosa a anécdota
abril 22nd, 2008 at 3:20 pm
jajaja, que cativa máis feita.