Esa raza superior…

medico.jpg

A semana pasada tocoume facer a revisión de empresa, a excusa perfecta para ir tomar un café logo e escribir un pouco, unha das miñas aficións preferidas. Normalmente dáseme por pensar en cousas raras, pero aquel día o tema era obvio: a superioridade desa raza inalcanzable chamada “médicos”. Cheguei á conclusión de que a devandita superioridade se manifesta principalmente en tres pasos:
- 1: as preguntas
- 2: o tubiño
- 3: as palabras

Xa chegas alí á revisión en condicións de inferioridade: fanche dar os teus datos e encher un cuestionario. ¿Ten algún tipo de alerxia? ¿Lava os dentes tódolos días? ¿Bebe vostede moito ou consume drogas? ¿Hai máis dunha semana que mantivo relacións sexuais por última vez? Isto tes que enchelo diante de todo o mundo, nunha cadeira incómoda e coa tentación de mentir… ¡Pero non! Non se pode mentir, porque logo che fan os análises e vai ti saber que che miran… Pero o máis denigrante non é a falta de intimidade, senón o feito de saber por que todo o mundo leva unhas mochilas tan grandes: para meter o tubiño de orina. Non é máis grande que o dedo índice dunha man, pero todo o mundo o leva envolto nunha bolsa de plástico coma se fose unha bomba de napalm, con coidado de non lle dar golpes á mochila. E miras ós de arredor e sabes que eles tamén mexaron no tubiño…

E aí entras, con toda a dignidade que consegues reunir, a pasar polas distintas salas de diagnóstico coma se fosen as cadeas de montaxe da Citroën. O peor é que non me chamaron á de análise ata case a última proba, e aí fun eu paseando o meu tubiño de pis por toda a clínica.

Por se non chegasen todas estas cousas para afundir ó teu ego na inferioridade, cada profesional pon todo o seu empeño en utilizar palabras que só entenden eles e que amosan a túa incultura. “¡Non intentes poñerte ó noso nivel, ti non es médico!”.

E como as cousas de palacio van despacio, os análises non chegarán ata dentro de Deus sabe canto. E sempre terás a dúbida de se o xefe botou unha ollada antes ca ti… E ó cabo de dous meses, ¡despido colectivo!

6 Responses to “Esa raza superior…”

  1. Silvana Says:

    Eu creo que se comportan como se fosen superiores, unha porque saben que estamos nas suas mans e outra para coller distancia cos pacientes e non intimar, por si acaso morremos directamente na mesa de quirófano o por un mal diagnóstico ….

    Habería que darlles un puntapé.

  2. turonio Says:

    Oh vaia! Eu asinei non hai muito unha revision desas pensando que sería como cando ías de excursion cos compañeiros da escola. Xa miro que ten o seu lado malo… Esperemos que non se concretice…

  3. Pili Says:

    Boas noites.
    Pido disculpas por no escribir en gallego.
    Lo cierto es que es mucho mejor el autobús médico.
    Allí, te sientes como una vaca y los médicos como veterinarios.
    Te sacan la sangre y… siguiente.
    Te miran el corazón y… siguiente.
    Te miran ojos, oidos y… siguiente.
    Así da gusto. Todo mezclado entre orines, sangre, bastoncillos, etc. Un verdadero placer para los sentidos.
    Eso sí, en las pequeñas empresas, los de las mutuas tienen el detallazo de dejar el sobre abierto para que tu jefe, tan amable él, le eche una miradita y te lo de cerrado.
    A la próxima ya sabes, ni bebes, ni fumas, ni … mucho menos.
    Tú, santo varón, que no catas ni la gaseosa.
    Boas noites de nuevo.

  4. vermella Says:

    A mín este tipo de revisións médicas póñenme de moi mala leite así que me decanto por porme estupenda e tocarlles o zoco se podo…………..
    menorrea regular?-regular non super
    antecedentes de hipercolestoremía?-na miña familia somos de bon comer
    Bebe moito? moítisimo(aquí disfruto ca cara do tio) case litro e medio o día pero de auga.
    ……….
    bico

  5. Notambul@ Says:

    Cal é o problema de toda esta superioridade que cando caen o estrondo é maior. Son persoa teñen moitos coñecementos do corpo humán pero o 80% deles non teñen ninguha educación ante os pacientes.
    Chao

  6. Mar e Lúa Says:

    Menos mal que vexo que non son a única que lles ten tanta tirria, ¿non si, Silvana? Jajaja. Xa se sabe: mal de moitos… Aínda que hai que recoñecer que, coma en todos casos, sempre hai excepcións que salvan un pouquiño á especie :)

    Turonio, tranqui, que non é tan chungo… A verdade é que son un pouco esaxerada, jajaja. Estes pasan de ti olimpicamente.

    Pili, non te disculpes por non escribir en galego, aquí o importante non é o idioma, se non pasalo ben sen faltarlle ó respecto ós demais. Vexo que o sistema é máis ou menos o mesmo que o do autobús médico, que eu nunca o vira. Menos mal que eu non fumo e apenas bebo jajaja. Unha aperta e gracias pola túa visita.

    Vermella, iso xa mo tiñas que ter contado antes… ¡Agora terei que esperar todo un ano para poder dicirlle ó tío que bebo como unha esponxa! Se o chego a saber aquel día seguro que lle diría iso, só por probar… ¡Unha idea excelente!

    Notambul@, tes razón, moitos médicos nin se preocupan pola persoa que hai detrás de cada paciente. Sorte que, como dicía antes, sempre hai excepcións… E teño que recoñecer que eu coñezo algunha. A falta de educación hoxe en día non é só neste sector, senon en toda a sociedade, por desgracia

Leave a Reply