Martes e 13

Non sabedes o que me acaba de pasar hai 15 minutos… Aínda veño coas pernas tremando coma dúas varas de vimbio. Volvía de face-la compra no súper cargada cunha bolsa na man dereita e unha garrafa de 5 litros de auga na esquerda. Viña coa música posta no mp3, e estaba a piques de sacar as chaves do bolso, cando vin a porta do meu edificio aberta, así que me dispuxen a entrar.

Aínda non o fixera cando, de súpeto, noto coma se alguén me andivese a fozar na mochila. Había moita xente, e non sería raro que alguén me rozase sen querer ó pasar, pero en canto estiven dentro tirei as bolsas ó chan e mirei ás miñas costas… ¡A carteira non estaba na mochila! A persona que estaba abrindo a porta era xusto unha compañeira miña de piso, collina do brazo e díxenlle: “Acompáñame, que me acaban de roubar o moedeiro”.

Botei a correr, coa miña amiga detrás de min. As señoras que estaban pola rúa dicíanme “Foi ese, foi ese!” mentres eu ía alcanzando a dous mozos novos. Un era marroquí, e o outro non sabería dicir de onde. Case todas sinalaban ó primeiro, pero eu sabía que fora o outro. Seguramente ían xuntos, e os dous camiñaban a paso normal.  Berreilles mentres que a miña compañeira agarraba ó marroquí polo brazo. A miña carteira estaba no chan. Recollina e abrina, esperando que estivesen os cartos dentro… ¡Si!

Mireino á cara e soltei a frase-sentencia máis intelixente do momento:
-Oes, tío, por favor…

 Non sei por que mo devolveu todo: as tarxetas, os cartos, o moedeiro, os papeis, as fotos… Quizais non tivera tempo de saca-los cartos diante de todas aquelas persoas que o viran, ou quizais non pensou que o fose perseguir.

Hai que ter collóns para roubarlle a unha persona que non cobra nin mil euros e que ten que pagar o alquiler, a comida, a roupa e todo sen axuda ningunha.

8 Responses to “Martes e 13”

  1. Silvana di:

    Muller, o ladrón descoñecía as tuas circunstancias particulares!!!!!

    Unha experiencia máis e que o fin solventouse. Jjajjaja. Un saúdo.

  2. Collóns botástesllos vos indo tras deles. Que che teñen moita jeta e moi pouco que perder. Ainda que desta vez che saise ben, para a próxima medide ben o que facedes.

    Un bico

  3. Hermaco di:

    Hai días que é mellor non sair de casa….ou non entrar!!.

  4. paideleo di:

    Aínda tiveches sorte !.

  5. Pablo di:

    Teño un amijo que lle pasou o mesmo e tivo que cambiar os calzoncillos cando chejou á casa… xa me justaría terte como veciña! con un par!!

    Saúdos!!

  6. Pablo di:

    Por certo, se che apetece, recibín unha cousiña no meu blog e gostaríame saber a túa opinión! 🙂

  7. dagolada di:

    Si que lle botaches ovarios, joder, calquera che rouba nada, todos tiñamos que facer coma ti e deixarnos de tantas gilipolleces, o mellor é ir por eles e recuperalo que che roubaron. Por certo, acabo de coñecerte, bonito blog. Unha aperta.

  8. Vaia, moitas grazas a todos! Eu creo que máis que valor, o que tiven foi sorte, como di paideleo. Logo cando cheguei a casa estaba morta de medo polo que podía ter pasado, pero no momento non o pensas. E aínda agora, cando volvo tarde, vou mirando en tódolos portais, que non haxa ninguén.