Meme: Passion Quilt

comunicacion.jpg .
A comunicación

Da man de Pablo chégame un novo meme que seguro que todos vós fixestes xa: o Passion Quilt. Basicamente, e se non me equivoco, a cousa consiste en explicar a través dunha imaxe o que nos gustaría que o mundo aprendese.

Levoume un par de días decidirme, pero agora xa o teño claro clarísimo: a xente debería aprender a comunicarse.

Cando estudiaba, os profes sempre dicían que vivimos na sociedade da comunicación. Eu penso que máis ben vivimos na sociedade da incomunicación. Paradoxicamente, estamos arrodeados de medios de comunicación que, lonxe de fomentar a conexión entre persoas, contribúen a que cada unha se aílle máis dentro do seu propio mundo. E así nos van as cousas.

Non sabemos expresarnos (eu a primeira), pero aínda menos escoitar. Cada quen vai á súa, sen preocuparse polos demáis. Isto é aplicable a persoas, cidades, empresas, países, pais e fillos, parellas, partidos políticos…

Os medio de comunicación están montados para apelar ó subconsciente, ás emocións, pero seguimos sen saber comunicarnos de forma racional e civilizada, interactuando e debatindo para chegar a un punto común. Así aparecen algunhas situacións como a violencia, a censura, o consumo de drogas entre adolescentes, os cornos e divorcios, as crises políticas e tantos outros erros do día a día.

Eu estou convencida de que o truco é tan sinxelo como aprender a escoitar.

En fin, ata aquí a miña reflexión. Agora, como seguro que case todos fixestes xa o meme, deixo aquí as normas para todos os que queiran continualo. Velaquí as reglas:

  •  Postear unha imaxe ou facer/tomar/crear unha propia que capture o que máis TE APASIONE que sexa aprendido.
  • Darlle á imaxe un breve título
  • Titular o post “Meme: Passion Quilt”
  • Enlazar esta entrada
  • Incluir enlaces a 5 ou máis maestros ou persoas que transmiten coñecemento.

6 Responses to “Meme: Passion Quilt”

  1. Silvana Says:

    Paréceme que diches nun punto importante: a comunicación. A veces non se fala e outras se falta tanto que non se escoita. É unha lacra.

    Un saúdo.

  2. A Conxurada Says:

    Dende logo paréceme a mellor elección, eu aínda teño que facelo…pero quedará para a semana que ben…a ver se estou menos liada. Beijos.

  3. Pablo Says:

    Acertada eleccion, si señora! Eu sempre penso que o 99% dos problemas son causados por unha mala comunicacion… ou por falta dela que ainda e pior!!!

    Bicos!

  4. asbeirasdoarnego Says:

    Moi acertada a imaxe a xente debería aprender a comuinicarse aínda que sexa pola rede coma nós. Bonito blog, prometo voltar por aquí. Un Saúdo

  5. dagolada Says:

    A min tamén me mandaron este meme, boa elección, refírome á imaxe. Unha aperta.

  6. l&m Says:

    tam importante como escoitar ou falar é deixar-se afectar pelo que nos dizem, se algo nos resulta alheio responderemos de forma automática mas se quando escutamos assumimos dalguma forma o que nos transmitem estamos partilhando a comunicazom. bom fim de semana.

Leave a Reply