Pracer I: Converter dúas toallas nunha
domingo, xuño 29th, 2008Hoxe, logo duns días algo rariños, quero empezar unha sección optimista e positiva chamada “Eses pequenos praceres da vida como…”.
Consiste en intentar recopilar, coa vosa axuda, eses pequenos momentos da vida que nos enchen de alegría por un momento.
Un deses é, por exemplo, cando dúas toallas se converten nunha no primeiro día de praia. ¿Como se fai? Pois estendendo unha delas e poñendo a outra tan preto, tan preto, tan preto que se sobrepón creando unha toalla doble. Pero o mellor é que os donos das toallas estean todo o tempo tan preto, tan preto, tan preto que incluso lles sobre unha.
¿Cales son para vós Eses pequenos praceres da vida? Compartídeos enviando un mail a mareluablog@hotmail.com , para que todos poidamos atopalos e disfrutalos.
.