Xuízo

Dende hai unhas semanas noto algo dentro de min que loita por saír cara fóra, rompendo a miña pel. Quere facerse un oco neste mundo, e non importa a quen haxa que mover para consegui-lo seu obxectivo.

Toda a miña vida recei á deusa Fortuna para que este día non chegase, pero polo visto non lle debo caer moi ben. Xa podo palpalo, noto o sabor do sangue na miña boca… ¡A moa do xuizo deixa de ser un pesadelo para converterse nunha realidade, que aínda dá máis medo!

Polo momento non me doe, pero teño pánico-pavor-terror-fobia a que ma teñan que arrincar. Escoitei historias non aptas para menores sobre a dor que se pasa… ¿Por que me saen? ¡Se total a min xa me chegaba coas que tiña!

Pero o peor de todo é que miña nai sempre me dicía que con elas chegaba a madurez. ¡Noooooooooooon! ¡Socorro! ¡Que alguén me axude! ¿Algún remedio casero para que se desintegren ou desaparezan sen deixar rastro?

Pode que sexa mellor arrincalas de vez, antes de darlles tempo a saír. A finais de mes vou ó dentista. ¡Que a deusa Fortuna me ampare!

4 Responses to “Xuízo”

  1. Silvana di:

    Con razón eu aínda non madurei, a ver se algún día me sae a min a moa do xuizo. Aínda que doa algo de sentidiño común venme ben. Un saúdo e pasa o trago como poidas.

  2. Patricia di:

    Acabo de descubrir tu blog y tengo que decirte que me encanta como escribes. Ojalá yo pudiera expresar así todo lo que rebolotea en mi cabeza. Enhorabuena por ello. Te seguiré leyendo.

  3. Pois túa nai vai ter razón, que as nais nunca se equivocan, e por fin vaiche vir o sentidiño.
    O que non sei eu é si eso será bo ou malo. Unha certa loucura é moitas veces indispensable, e a cordura a menudo perfectamente prescindible.
    Dijo eu.
    ¿Ou non?

  4. vermella di:

    Ti tranquila que as cousas que se contan sempre en relación ca dor están magnificadas,como para superar a dor o noso corpo segrega drogas naturais poi xa se sabe algúns alucinan,non é para tanto,son como os exnoivos son molestos pero sopórtanse.
    bicos e ánimo.