Cabreada

Estou cabreada. Moito. Tanto que non lembro cando foi a última vez que cheguei a este extremo.

Se non fose porque me teñen que devolver dentro de nada a fianza deste piso, de seguro que habería unha porta medio escarallada e un puño ferido. Necesito descargar toda esta rabia. Necesito berrar. O mar agora, a miña vía de escape preferida, queda demasiado lonxe. Non sei que facer.

Noto a tensión alta, polas nubes. Acendo un cigarrillo e vou á terraza, que me dea o aire. E mentres penso. Soa o meu móbil e axiña lle quito o volume. Soa o teléfono fixo, pero a este non se lle pode quitar. Mándolle un sms: “Agora nn podo. Xa falarems”.

Quero chorar pero non podo. Quizais fun demasiado dura. Pero teño ese defecto: ás veces digo as cousas demasiado directas, e iso pode doer. Agora xa foi. O dito, dito está; o caso é que non mentín.

¿Como se lle pode dicir a uns pais que se equivocan?

5 Responses to “Cabreada”

  1. dagolada di:

    E logo, porque estás tan cabreada? E se necesitas desfogarte dalgo relacionado co país, recoméndoche o blog, é o mellor que hai. Bicos

  2. Silvana di:

    Ufff!!!! Xa sabes que os pais nunca se equivocan!!!! En canto o cabreo, xa irá pasando …

  3. turonio di:

    Si señora! non sempre se pode estar dacordo con todo o mundo. Pero a comunicación alivia e axuda a que non se monte tanto

  4. vermella di:

    Tanto na miña experiencia de filla como agora de nai,recomendoche non mentir pero as veces o mellor é maquillar un pouco as verdades para que resulten máis doadas de entender,e aquí si que vale o tópico do tempo,ca distancia das cousas estas vense distintas.
    bicos .

  5. Zeltia di:

    Hai tantas maneiras de decirlle as cousas ós pais coma pais hai. I o que vale para uns non vale para outros.
    En calquera caso, non se lle debe decir nada cando un está cabreado. Porque lengua cabreada dí verdades pero as dí de xeito que doi mais ca ditas dun xeito doce.
    Eu recomendaríache: dulzura e firmeza. Non cedas, marca o teu terreno e a tua maneira de vivir. (Os pais ó fin queremos tanto ós fillos que terminamos por aturar o que sexa 🙂 )