Archive for agosto, 2008
Iberia non repartirá diarios hoxe
xoves, agosto 21st, 2008<<La compañía Iberia no ofrecerá mañana a sus pasajeros ningún diario en ninguno de sus vuelos, por respeto a las víctimas del accidente de hoy en Barajas y a sus familiares, dijeron a EFE fuentes de esta compañía.
“Cuando los accidentes suceden en otros países, es diferente, pero en este caso, en que el suceso acapara varias páginas, simplemente no se reparte, señaló el portavoz.Fuentes del diario ABC explicaron a EFE que, normalmente, cuando se produce un accidente de estas características fuera de España y sólo se le dedica una página, ésta se tapa, pero en el caso de mañana han avisado a la compañía aérea de que saldrán con 15 páginas dedicadas al siniestro.>>
Terra Actualidad - EFE
20-08-2008
Hoxe Madrid e As Palmas espertan coa resaca dun pesadelo que foi real. 153 vidas queimadas nun despegue, centos de familias que buscan o xeito de asimilar un loito inesperado. De novo, como xa acontecera no 11M, IFEMA traxicamente convertido en centro neurálxico da información. E de novo, como xa acontecera daquela, o morbo é o criterio que decide se un detalle se convirte en noticia ou cae no olvido.
Recoñezo que aínda non lin os diarios de hoxe, pero se van na mesma liña que as edicións dixitais de onte, un aplauso para Iberia. Hai situacións nas que un lector/telespectador pode ser especialmente sensible a determinados contidos. Comezar as vacacións lendo no avións 15 páxinas adicadas a como morreron 153 persoas afogadas a véspera no aeroporto no que te atopas, pois creo que non é prato de gusto para ninguén.
Pero volvendo ó tema, non quero repetir todas esas citas que se reproducían nas webs dos principais diarios do estado (seguro que xa todo o mundo os viu). Testemuñas e máis testemuñas da dor, do loito, da desesperación, da impotencia… Pero polo visto, iso é o que queremos ver os lectores, ¿non si?
¿Ata que punto é iso información? ¿Non se convirte xa en desinformación? ¿Quen pensa nos horarios infantís? Lembro que, pouco despois do bombardeo de sangue e feridas que se fixo nos medios españois co 11M, fun facer unha reportaxe sobre como viviran os nenos de distintas idades a visión de imaxes tan impactantes. Moitos dicían que tiñan pesadelos ou que non puideran durmir durante uns días, outros falaban da morte aínda sen entendela, ou de que pensaban que era unha peli de medo e lles pediran ós pais que cambiasen de canal, de xente que coñecían e que se salvara polos pelos… Cando lles preguntei se lles gustara ver aquelas imaxes na tele e nos diarios, todos contestaron con voz baixa e sen dubidar: non.
A min tampouco me gusta. Cando se fala de máis de cen mortos todo o mundo entende o alcance da traxedia, e non precisamos (polo menos eu) ver a cara queimada dun ferido na padiola antes de entrar á ambulancia. Hoxe os nenos manexan internet coma os cativos da miña xeración manexabamos o Super Mario Bross. Así que, por favor, teñamos coidado co que poden ver e non entender. Os pasaxeiros de Iberia son especialmente sensibles hoxe, pero non nos esquezamos dos pequenos.