Á cola en educación

Hai uns meses deume un arrebato: volvo á universidade. Empezo unha nova carreira, e a verdade é que teño moitas ganas.

No momento de pagar a matrícula recibín unha sorpresa non demasiado agradable: os estudiantes que xa teñen finalizada unha titulación deben pagar un 40% de recargo (polo menos aquí, non sei se no resto do estado e en Galicia é igual). Así, polo morro. Pois un aplauso para as mentes pensantes do MEC (agora Ministerio de Educación, Política Social y Deporte). ¡Si señor! Esa é a maneira de fomenta-la formación e a cultura entre os pringaos dos españois. E non só tes que pagar un 40% máis, senon que a maiores o simple feito de ter unha carreira xa non che permite acceder ás becas ofertadas polo devandito ministerio (non importa que na primeira non che desen nin un miserable céntimo).

Así que, polo visto, só temos dereito a estudiar unha carreira, e o listillo que queira seguir formándose… ¡que apoquine!

Así, non é de extrañar que atopemos estudios nos que se confirma que o estado español é dos que menos cartos invirte en educación. Un deses é o da Fundación La Caixa, (titulado “Los sistemas educativos europeos ¿Crisis o transformación?”), que nas conclusións sinala:

“El libro destaca el alto nivel de formación, democratización y de posibilidades de acceso que ofrecen los sistemas educativos europeos. Su éxito se basa en la cohesión social, los sistemas de formación del profesorado y el buen funcionamiento de los centros escolares. Actualmente, se encuentran a la cabeza de los resultados educativos países como Finlandia, Holanda, Bélgica y Suecia; mientras que, con peores resultados, se encuentran Portugal, Grecia, Italia y España.”

Pois así está a cousa: non só temos un nivel baixo comparado con Europa e non gozamos dos “privilexios” cos que  contan por exemplo os suecos (polo que teño entendido TODOS teñen unha beca para cubrir os gastos dos estudios, aínda que non o puiden confirmar), senón que ademáis temos que pagar máis por unha educación de menor calidade.

Unha vergoña!

5 Responses to “Á cola en educación”

  1. Silvana di:

    Debe de ser que non chegan os cartos!! Hai que investir noutras cousas máis importantse!!!

  2. Pablo di:

    Aquí en Holanda, para empezar, os profesores non son funcionarios.

    E para seguir, ó final de ano, cando fas a declaración da renta, o 70% do que un inverte en carreiras, cursos, masters,… volve directiño á túa conta. O primeiro ano que estiven aquí fixen tres cursos de holandés e dous semestres da miña carreira de psicoloxía (e a universidade é española, non holandesa), en total 2000 euros. Chegou a declaración e 1400 euriños voltaron á miña conta.

    O caso é dar facilidades para que a xente se forme, non quitalas como sucede en España, que ata hai ben pouco so os “ricos” podían ir á universidade.

  3. Non deben chegar os cartos…porque os leva, entre outra xente de ben(ton irónico) a Fundación Francisco Franco.

  4. Ninsesabe di:

    Sanidade en primeiro lugar, e Educación en segundo terían que ser, na miña idea, prioridades absolutas. E non son.
    O outro día, de novo (e van tres veces), tiven que ir a urxencias no hospital de Ferrol e estivemos coa miña sogra (92 anos) por espacio de SEIS HORAS, SEIS…Chegamos de volta a casa pasadas as 4 da mañá.
    Así que estamos mal, e iso que gobernan os supostamente de esquerdas.
    Para este viaxe sobraban as alforxas.
    Dijo eu.
    ¿Ou non?

  5. Por moito que digan e digan, neste país aínda non se ten asumido que os cartos que se dedican a educación non son un gasto senón un investimento do que todos ( non só os que estudan as carreiras ou o que sexa) nos beneficiamos a medio e longo prazo.
    O dito de despois de min o diluvio, parece que non pasou de moda. Pouca visión de futuro, vexo, eu.

    Pero eu me quedo coas súas ganas. Moito ánimo e adiante.