Archive for febreiro, 2009

Xa están aquí

mércores, febreiro 18th, 2009

¡Si! Levaba dende o 27 de xaneiro esperando que chegasen á miña casa. Aínda non as teño físicamente aquí, pero mañá xa as poderei baraxar nas miñas mans coma se fosen as cartas dun tarot que decide o destiño de moitas persoas…

Falo das papeletas electorais. Como non vou poder ir votar en persoa (xa sabedes, a distancia é o que ten), hai un par de semanas solicitei o voto por correo. Xa estaba nerviosa que non me daban chegado, a ver se non recibiran ben a solicitude e ía perderme a festa por un erro…

Aínda que, non sei por que, este ano teño un mal presentimento. Dáme no nariz que moita festa non vai haber, non. Non sei como van as enquisas por aí, pero teño entendido que o PP só está a dous escanos da maxoría absoluta (Ninsesabe debe estar que rabia). Estou bastante desconectada de todo o rebumbio electoral, e non sei moi ben que se comenta por aí.

Hoxe só podo aportar unha cousa que me chamou moito a atención: no telediario da 1 falaron das eleccións vascas antes que das galegas, comentando o que dixera cada partido en cada un dos mítins que fixeran recentemente. ¿Sabedes o que dixeron logo das galegas? ¡Que había un clima moi distendido porque Pepe Blanco atopara ó xefe de non-sei-que do PP e lle dera un folletiño de publicidade, a ver se o convencía e a última hora deixaba o lado escuro! Bueno, o do lado escuro xa é marca da casa, non o dixeron así…

Quero pensar que foi que eu non estaba moi atenta e cando falaron los mítins galegos andaba na parra, e por iso non me enterei. Ó mellor algún de vós me pode sacar a dúbida…

Pero bueno, que non me quero estender moito… Que polo visto moita festa non hai nin haberá, pero eu teño unha cosa que celebrar. Os que levades tempo seguindo o meu blog seguro que lembraredes o meu odio irreprimible cara ós coches que berran… Pois ben, ESTAS ELECCIÓNS NON!!!! ¡Líbrome deles! Juas juas juas!!

PD –> Ó mellor non van ben os vínculos porque non me funciona internet. prometo amañalos canto antes, perdoade

14 de febreiro

xoves, febreiro 12th, 2009

 

Este 14 de febreiro seguramente vou estar en casa e facer algo de comer, e logo conectarme un rato ó Facebook e falar por Messenger cun par de amigos, é o mellor escribir algo no meu blog e buscar alguna merda estúpida na Wikipedia, ou calquera cousa, e dubido que me decate de que pasa algo importante ese día porque non teño o cerebro lavado, non son un soso, unha ovella do montón.
¿Por que? ¿Ti que farás?

 

Creo que non precisa máis comentarios… Atopeino nunha web anti-San-Valentín, e como non é que me gusten moito as trapalladas estas, pois mira… ¿Qué mellor que contarvos os meus plans para o sábado en dous idiomas? ¡Isto é o que se chama multiculturalismo!

Agora, iso si, a traducción vai un pouco ó chou e un pouco ó meu estilo personal ;) Xa me entendedes…

Pracer III: Acumular para San Xoan apuntes que non necesitarás máis

mércores, febreiro 4th, 2009

.

Pois este é o tocho do que me acabo de liberar… ¡¡¡Siiiiiiii!!! Primeira parte da proba superada.

O montón da esquerda son os apuntes de clase de todo este cuadrimestre, e o da dereita “textos de apoio” que conviña saber. Non está mal, ventilados todos en apenas 3 semanas sen deixar de traballar. A verdade é que estou moi contenta…

E falando de exames, aproveito a ocasión para desexarvos moita sorte a todos os que estaredes agora metidos de pleno na época de avaliación. Ánimo que axiña se pasan estas semanas fatídicas!!