Por fuciños…

…por cacheiras!! Somos do clube da Galega, oink! oink!

Hai uns días puiden voltar a Galicia, que xa tiña unha morriña que non podía con ela. Xa rematei os exames, así que toca prepararse para o verán, e ¿que mellor forma de facelo que volvendo a casiña uns días?

Quixen aproveitar ó máximo os poucos días que ía estar, así que ás 9 da mañá xa me estaba sempre a soar o despertador. Foi así que puiden ver o Xabarín, un Xabarín renovado e con moita máis forza. Quizáis me equivoco, pero tiven a sensación de que volvía a ser o mesmo de cando eu era cativa, aínda que máis moderno e con moita forza e moitas ganas.

Así que, aquí me tedes. Xa estou de volta logo das mini-vacacións e tamén na Blogosfera, e espero que esta vez poida quedarme por máis tempo e actualizar a miúdo. 

Axiña me porei a visitarvos a todos, que xa teño ganas de ver cómo vos van as cousas. Atan entón!!

7 Responses to “Por fuciños…”

  1. Chousa da Alcandra Says:

    Pois sexa vostede ben reintegrada ó blogomillo. Veñas de onde veñas.
    Non sei se o xabarín segue coa mesma intensidade; pero ti non teñas présa por poñerte ó día. Agora o que tentamos volver a recuperar é o Slow Food; que iso de correr moito solo leva a darse ostiazos…

    Bicos de benvida dende a Chousa

  2. Doutora Seymour Says:

    Mar e Lúa, rebenvida. Unha aperta.

  3. A Conxurada Says:

    Benvida sexas.

  4. vermella Says:

    que ben que voltes…
    un bico.

  5. xm carreira Says:

    Xa quixera eu unhas minivacacións. Benvida de novo.

  6. xm carreira Says:

    Quen me dera unhas mini vacacións. Benvida de novo.

  7. zeltia Says:

    un gusto verte de nuevo por los blogs!
    espero que tu tiempo en Galicia llene tus espectativas

Leave a Reply