Será por San Xoan

Será por San Xoan, será por San Xoan… Acontecerá cando os días empecen a facerse máis curtos. Ó principio será dunha forma disimulada, progresiva, medindo cada paso, observando ata onde se pode chegar. Logo xa non fará falta ser tan sutil, e o a noite comerá ó día, roubándonos horas de luz (de lucidez) e sumíndonos na escuridade. Non poderemos desfrutar das horas de sol, rendirémonos á noite, unha negrura que parecerá eterna. E pode que xa non espertemos, que tiremos toda a vida pola borda.

 Será por San Xoan, seino… Acontecerá co meu primeiro berro. Ó principio será dunha forma disimulada, progresiva, medindo cada brado, observando ata onde podo chegar sen que mo devolvas. Logo xa non fará falta ser tan sutil, e os gritos comerán á calma, roubándonos horas de estar deitados sen facer nada e sumíndonos na escuridade. Non poderemos disfrutar das nosas peles, rendirémonos á distancia, unha lonxanía que parecerá eterna. E pode que xa non espertemos, que nos tiremos pola borda.

4 Responses to “Será por San Xoan”

  1. Desde o San Xoán minguan os días, pero a partir do 23 de decembro, volven medrar e volverá a luz e o tempo para gozar da pel.
    Só hai que agardar, sen tirar nada pola borda. Ou tirando todo, para comezar de novo. Pero sempre loitando.

  2. ñOCO Le bOLO di:


    · Gracias por tu visita y amable comentario.
    Pronto celebraremos el Solsticio de Invierno. El Sol habrá ganado la batalla, y nosotros disfrutaremos de esa victoria.

    · Saludos

    CristalRasgado & LaMiradaAusente
    ________________________________
    ·

  3. Ola:

    Deixo o meu saúdo dende o outro Hemisferio onde quenta o sol.

    Grazas pola visita a Cuspe de Pita 😉

    Antón.

  4. Raposo di:

    Non te tires pola borda, oh, que acaba de empezar o ano. Pois eso, un bo 2012!