Deixa que o lea

Deixa que o lea nos teus movementos, nas túas palabras, nos teus xestos… Ensíname a ler os teus silencios letra a letra. Deixa que te coide e que te entenda.
Deixa que lea o meu futuro nos teus silencios, pero só se pode caer nas túas mans. Prométeme silencios máis curtos que duren unha eternidade.
Deixa que o lea, é o momento de cruza-lo mar e dicirche adeus, e o desastre planea agora sobre min. Déixao que te deixe, teño moito que confesarlle.

Tags: ,

One Response to “Deixa que o lea”

  1. Zeltia di:

    Din que un silencio vale por mil palabras…
    pero neste caso a sabiduría popular refraneira e máis eu non estamos de acordo.
    Nunca fun capaz de interpretar os silencios… ou mellor dito: eu interpreto os silencios, pero despois, cando hai oacasión de falar deses silencios, nunca entendera eu ben, nin me entenderan os meus…