Catro dedos

Na penumbra da habitación
miro as marcas que deixaron os teus dedos:
catro lunares amarelentos na miña pel
que non se borran cando os toco.
Non me molestan, gústame miralos,
é coma mirarte ós ollos,
coma levalos tatuados
na cara interna do meu brazo.
Son catro lunares mornos,
seductores, apaixoados,
catro recordos dos nosos corpos.
Levo tamén catro marcas
que non se me ven na pel:
a do que dixeches, a de como me miras,
a do que pasou e a de todo o que non.
Esta última é a que me doe,
a que me anuda o estómago
e me divide en dous.
Faime pequena porque aínda non sei
qué foi o que lle impediu ó destino pasar.
Sí, sei que estaba escrito,
pero non quen o borrou.
Temo ó día que nos arrepintamos
e non poidamos volver atrás,
pero dáme máis medo o día
que as marcas do brazo se empecen a borrar
porque ese é o día
que me prometín que te tería esquecido.
Mañá mesmo xa non quedará nada
e aínda non te podo olvidar.
Dáme o abrazo que me prometiches
e non o deixes acabar. Nunca.

One Response to “Catro dedos”

  1. Zeltia di:

    Catro lunares de catro dedos da man amada…
    Espero que fosen deixados na túa pel como recordo dun encontro apaixoado.

    bicos