Todo

Deullo todo: a súa paciencia, a súa comprensión, os seus compases, o seu medo, os seus susurros, os seus xemidos, toda a súa respiración. Deullo todo dentro da súa cabeza dende fóra do seu corpo, mais non lle valeu de nada porque ninguén sabía realmente o que había entre os seus pensamentos e os seus sentimentos, e aquel amor nunca existiu en voz alta

2 Responses to “Todo”

  1. Zeltia di:

    Os amores caladiños, secretos, nunca morren. Non arden forte, será por iso, que non se queiman.

  2. Zeltia di:

    Alédame volver a verte.

    😉