A inmobilidade do destino

Agóchome nun burato escuro
Onde só se escoita a humidade
E o silencio do meu corazón.
Xa berran por el os ollos.

O último bico non foi tal,
Non foi como tiña que ser
Porque non eramos ti e máis eu.
Eramos só dous corpos baleiros
Loitando contra a forza que os quere separar.
Non me chegaron dez segundos.

Turraron de min para alonxarme,
Sentín a inxustiza agarrándome os brazos.
Notei a ilóxica do antinatural,
A inmobilidade do destino
E os nosos esforzos por nos sobrepoñer.

E tamén medo a un futuro nunca imaxinado
Nin nos peores pesadelos,
A unha vida sen sentido,
E a pesadume de non ter cumplido as promesas
E os desexos de nunca perdernos.

Non quero que ninguen me vexa asi,
E ríome de min mesma
(por non chorar)
Por ter caído dentro dos restos
Da muralla en ruínas que construín hai tempo.

Non quero que ninguén me vexa así,
Sen forza nin para respirar,
Sen ganas de compartir,
Sen sentido da miña vida,
sen esperanza e só con recordos.

Loito contra min mesma
Por non chamarte, por parecer viva.
Móvome automáticamente,
Sen alento, por que non saiban que xa non estou.
Que máis me ten, se non te teño?

A terra mollada cáeme na cara,
A humidade acala os meus saloucos.
Abrázome ao único recordo que me queda teu,
A camisola que che roubei antes de marchares
Intentando non chorar.
E xa non sei se respiro.

3 Responses to “A inmobilidade do destino”

  1. Raposo di:

    Tes que respirar,e forte.
    Feliz ano.

  2. Xan di:

    Un mundo tan paralelo que un poema así podería habelo escrito eu, ate o dá camisola. Curioso
    Unha aperta

  3. Ben… a terra mollada, a humidade, a camisola…..loita, vida recordos e desesperanzas, boa convinacion de soños, recordos e sentimentos par aun bo poemas.,