Podería

Podería bebe-los teus ollos a pequenos grolos. Podería endulzar con eles os meus almorzos. Podería roubarche a risa a culleradas. Podería comela dos teus beizos. Podería encherme da túa voz sen empalagarme.
Podería lerche as historias que nunca che contaron. Podería escribirche as que eu nunca contei. Podería converti-los teus recordos en papel. Podería encherche o corpo coa miña caligrafía, sen un só erro.
Sei entender perfectamente as túas contradiccións, pero sigo sen poder entender os teus silencios.

One Response to “Podería”

  1. Xan di:

    O amor sempre é así: intenso, apaixonado, total….