Sorrisos a medias e medias verdades

Cando acabou fun ó lavabo para acabar de limparme. Ao chegar de novo á habitación el xa estaba metido debaixo do meu nórdico, tapado ata o pescozo e aínda espido baixo a roupa da cama.
-Queres quedar ata mañá?
-Cres que estaría dentro da túa cama se non quixese? Ti queres que quede?
Non contestei e agochei a miña cara de circunstancias na escuridade.
-Queres que marche?
-Si.
Díxeno sen pensalo, saiume de dentro. El deixou escapar un riso sinceiro e eu forcei outro que o parecese. Ao virarme para darlle as costas, a luz que entraba pola fiestra iluminou o medio sorriso falso que levaba na boca, a conxunto coa media verdade que acababa de dicir.
Quería que quedase, si, pero tamén quería vingarme del e non concederlle o privilexio de durmir na miña cama. Un ano antes, cando estivéramos liados, antes de que volvese coa súa dona, quedaba comigo toda a mañá sempre que podía. Pero eu sabía o verdadeiro motivo polo que xusto despois desta nova “separación temporal” volvera petar á miña porta: quería se-lo primeiro dos dous en follar para vingarse da súa esposa por telo abandonado de novo. Os tres sabiamos que volverían, e por iso preparei a miña particular vinganza: puxen alarmas no despertador cada vinte minutos dende as seis da mañá, removinme na cama canto puiden durante toda a noite, aclarei a gorxa compulsivamente e suspirei fondo cada tres minutos, e non lle ofrecín auga nin almorzo ao erguernos.
Pero sí, queria que quedase comigo ata a mañá seguinte. E durante moito tempo. Durante todo o tempo do mundo

Comments are closed.