Enerxías

Desde que te fuches, a gata durme cada día comigo baixo as mantas. Din que son depuradores de enerxías negativas, pero eu teño medo de que un día a trague o burato negro que deixaches ao marchares

One Response to “Enerxías”

  1. Concha López di:

    Poucas palabras. Poucas liñas… Moitas enerxías!

    Vir por aquí sempre é un pracer que, as veces, non transmito…

    Bicos.