Somos galegos, somos fortes

Todos sufrimos aquela noite que se convertiu no día de Galiza máis triste da nosa historia despois de horas interminables de móbiles sonando sen ser contestados e de olladas case obsesivas á TVG. Todos enviamos mensaxes aos nosos máis achegados para asegurarnos de que os seus estaban ben. Todos nos botamos ás rúas a axudar como puidemos, fose moito ou pouco. Todos sentimos que un anaco de nós ía nese tren descarrilado.
Pero somos galegos. Somos fortes. Estamos afeitos a sobrepoñernos a mil traxedias grandes e pequenas, personais ou colectivas. E sempre temos a man a man doutro galego, a súa axuda. Disque somos desconfiados, pero sabemos traballar en equipo e dar todo o que temos polos outros. Tamén se di de nós que somos pechados e incultos, como lin en Twitter, pero os veciños de Angrois souberon salvar vidas nunha situación en que calquera quedaría paralizado polo medo, todos abrimos as nosas portas para axudar no que se puidese. Somos leais incluso aos descoñecidos cando nos necesitan.
E somos fortes, moi fortes, incriblemente fortes. Cando nos xuntamos non sumamos as nosas forzas: elevámolas á máxima potencia. Por iso sei que poderemos con isto, que as familias afectadas teræn detrás a toda Galiza para darlles folgos e ánimos cando os necesiten. Para darlles toda a nosa forza.
Paradóxicamente, é nestas situacións nas que a identidade nacional deixa de existir para converternos todos simplemente en personas (sen ningún tipo de distincións entre uns e outros) cando nos sentimos máis galegos. Porque esa é verdadeiramente a nosa esencia: somos galegos, somos fortes, solidarios, dispostos, empáticos, infinitamente humáns e xenerosos. Por iso cando o noso auténtico carácter sae á luz nos momentos difíciles é cando máis orgullosos e galegos nos sentimos.
Só espero que esta traxedia que nos azoutou sirva para que nos decatemos destes feitos e manteñamos ese espírito solidario e de unión que xa demostramos tantas veces. Que sexa o noso día a día é a mellor homenaxe que podemos facer a esas 78 personas, ás súas familias, a tódolos afectados e a todas esas personas que coabsúa actuación solidaria nos recordaron cal é a esencia dos galegos

One Response to “Somos galegos, somos fortes”

  1. Pois con todo, que sexas feliz. Todo o feliz que poidas.
    Bicos e… Bo Aninovo!