Seis meses, vinte e tres días e vinte e tres horas

Hai seis meses, vinte e tres días
e vinte e tres horas todo estaba lonxe,
pensaba.
Estaba tan lonxe que o rozaba,
suave, coa punta dos dedos.
Gañei perdendo, non tiña nada
e me caeu nas mans o que soñara.
Gañei e perdín á vez, pero logo de
seis meses, vinte e tres días
e vinte e tres horas
téndoo todo non teño nada.
Só quero que volvas de alén do infinito,
pero non nos meus soños
senón en milleiros de abrazos.

Aínda son pequena,
aínda te necesito
a cada segundo da miña vida.

Comments are closed.