Archive for Xuño 27th, 2014

Felicidades

Venres, Xuño 27th, 2014

Bru Rovira: Maternidades
Bru Rovira: Maternidades

É a primeira vez en toda a miña vida que non che podo desexar felicidades.
En realidade eu só desexaría que estiveses aquí, desexaría non ter que buscar as túas caricias nas mans doutras mulleres.
Oxalá non tivese que intentar asemellarme máis a ti para que quedase algo do teu rastro na terra, oxalá non tivese que ter medo do día en que os recordos empecen a estar borrosos e a voz que che lembro non sexa xa á túa.
Gustaríame que non se me esquecese nin una sola das túas palabras, dos teus pensamentos, dos teus xestos. Gustaríame terte aínda e para sempre. Aínda te necesito.
Esa sería a miña felicidade, non a túa, así que, onde esteas, moitas felicidades. Seguro que noutra vida nos volveremos atopar, e seguro que será máis xunta connosco.