Archive for the ‘MicroContos’ Category

Querer

Venres, Febreiro 1st, 2013

Todo se reduce a querer ou non. E eu quero durmir para soñar que non te quero, que non me doen os teus baleiros e que as túas mans nunca me deron vida.

Enerxías

Martes, Xaneiro 29th, 2013

Desde que te fuches, a gata durme cada día comigo baixo as mantas. Din que son depuradores de enerxías negativas, pero eu teño medo de que un día a trague o burato negro que deixaches ao marchares