Atrás van quedando ‘Los mundos de Yupi’, os Fraguel, Songoku e os Electroduendes. Imos cambiando, e connosco vai cambiando tamén a tele.
Cando era pequena a tele era unha pasada… E agora aínda o é, só que o que merece a pena ver é o que antes nos molestaba: os ANUNCIOS.
Non fai falta ser un experto en publicidade (e eu non o son) para saber apreciar a calidade e a orixinalidade dalgúns anuncios actuais. Eu o que fago ás veces é ver a publi e cambiar de canal cando empeza o programa. É normal, cos peazo anuncios que temos nestes días. ¿Facemos un repaso?
Los animales de dos en dos: O primeiro do que hai que falar é do do cochiño. Xa non é o anuncio en si, senón a canción. Los animales de dos en dos ¡uá uá! ¿Algún de vós conseguiu non cantala despois de ve-lo anuncio? E o cerdito correndo detrás ó máis puro estilo Toy Story, ¿que me dicides? ¡Simplemente xenial! Non só conseguiu que todo o mundo lembre a marca e o modelo do coche (Seat Altea XL), senón que ademáis creou todo un fenómeno de masas ó seu arredor. Todo o mundo devece por poñer no móbil o sonitono da canción, e incluso se rumorea que hai webs para salvar ó famoso porquiño rezagado. Eu non atopei ningunha, pero se vós coñecedes algunha facédenolo saber nos posts, por favor!! Por certo, que se queredes salvar ó porquiño só tedes que enviar SALVAR + CERDITO al 5657 (que malo o chiste, perdón!). Unha cousa máis: ¿por que os animais espertan coa treboada e cando saen da casa loce o sol? Mmmmm…
Quédate en el rincón hasta que dejes de pensar en un oso blanco: A persuasión elevada á máxima potencia, á perfección. ¿Non vos parece? Eu creo que como anuncio é do mellor que se viu en moito tempo: orixinal, falándolle directamente á nosa consciencia sobre o noso inconsciente, imposible deixar de pensar nel logo de velo. A min, personalmente, encántame.
Gears of War: Non sei que ten o anuncio, pero quero compra-lo xogo aínda sen ter a consola. Ó mellor é pola canción, pero a min impactoume moitísimo… Como anuncio funciona de marabilla.
Be water, my friend: Dixéronme que detrás deste anuncio está un tal Risto Mejide, que seica é xurado de OT ou unha cagarrutia destas… Creo que é o Doctor House do xurado, ¿ouh? O que sei é que o anuncio engancha, crea sensación… Bi guater, mai frend, pero… ¿cantos de vós lembrades exactamente e de memoria o producto que anuncia? O spot pasou a criba, pero o anuncio non vos sei eu…
Agora propóñovos que sexades vós os que me contedes os anuncios que máis vos gustan, sexan actuais ou dos míticos. A ver cantos lembramos!