9 horas
luns, febreiro 5th, 2007Quedan nove horas para o exame, e vou de cu… Hoxe pola mañá pasei tres horas e media fóra da casa, cubrindo o roio aquel. Case me perdo (vale, perdinme, pero volvín ó bo camiño) e non me enteraba de nada, a verdade é que foi un pouco chungo…
Levanteime ás sete e media (despois de durmir catro horas e pico) e fun para a cociña estudiar. Pero non me quedaba nada, e agobiábame porque sabía que non ía poder repasar nada. Saín ás once de casa e volvín cando a miña familia xa terminara de comer. Botei unha mini-soneca e fun ó traballo. Nos poucos minutos que me tiven libre aproveitei para botarlle unha ollada ós apuntes, pero non me cundiu nadiña tampouco. Saímos ás dez e media, ceei unha sopa que sabía asquerosa, cafeciño, e A9 dirección Santiago. Cando cheguei costoume moitísimo aparcar, e aquí estou, acabo de chegar agora á unha. Teño que estudiar un bo anaco aínda, así que vou empezar. A cafeteira xa está aí, medio fervendo…
(Perdoade que non me pase moito polos vosos blogs ultimamente, pero prometo que a semana que vén volverei da miña enaxenación transitoria.)


