Eses pequenos praceres da vida como…
Tocar cos pés a area da praia por primeira vez da tempada, descubrir un billete de 10 todo engurrado no bolsillo traseiro do pantalón, deixar que che traian un zumiño recén feito cando estás malo, pasexar ben acompañad@ sen rumbo fixo…
Esta é unha nova sección de Son de Mar e Lúa aberta para todos aqueles que queirades compartir eses pequenos praceres da vida. Son cousas sen importancia que poderían pasar desapercibidas no noso día a día, pero ¡que gustiño dan cando reparas nelas!
Se vos sentides vivos cando vos esperta o sol na cara ou cando alguén vos abre a porta para que pasedes, enviádeme un email contándomo para que todos podamos disfrutar deses pequenos praceres que fan a nosa vida un pouco máis doce
¡Graciñas!
Mar e Lúa
[ mareluablog@hotmail.com ]


