Morriña universal
A morriña é un sentimento que se leva dentro e, como tal, é común a tódolos pobos e culturas. Universal.

De feito é tan universal que un pode ter morriña de Islandia ou de Zimbabue incluso sen ter estado nunca alí. Seino porque o outro día tiven morriña de Marrocos.

A cidade na que vivo agora cambia completamente cando chegan o verán e o calor. Sempre hai algunha exposición, festa popular ou concerto que ver. O outro día trouxeron un grupo marroquí que deu un recital de música tradicional na rúa, nun concerto gratuíto.  Pasei por alí de casualidade co meu amigo, e como tampouco tiñamos nada especial que facer, pois acordamos sentar.

Sobre o escenario había catro homes que adornaban as súas longas e brancas túnicas con ritmos árabes e letras indescifrables. Nas cabezas, os típicos gorros vermellos e ríxidos marroquís. O que sentaba no centro era o que cantaba, e o da bandurria rara e mailo percusionista facíanlle os coros cunhas voces moito máis graves que a súa. O cuarto home levaba un instrumento de corda que non sabía nin que existía e que debía ser difícil abondo de tocar como para poñerse a cantar tamén.

De súpeto, unha ollada cargada de complicidade do solista cara ó público fíxome reparar nun grupo de espectadores. Eran marroquís, e coreaban con palmas cada un dos compases das cancións. Un deles virouse cara atrás, buscando a mirada dun compañeiro que sentara na outra fila. Así foi como puiden verlle nos ollos o brillo da morriña acompañado polo sorriso máis amplo e sinceiro que nunca vira. Sen dúbida, eran recordos felices da súa terra.

Nese momento pensei… ¿E se o que soase fose unha gaita galega en lugar desa música con sabor a deserto? Enchéronseme os ollos de bágoas, e por un ratiño, eu tamén fun marroquina con eles, alí pegada ó Mediterráneo.

Pracer I: Converter dúas toallas nunha
Hoxe, logo duns días algo rariños, quero empezar unha sección optimista e positiva chamada “Eses pequenos praceres da vida como…”.

Consiste en intentar recopilar, coa vosa axuda, eses pequenos momentos da vida que nos enchen de alegría por un momento.

Un deses é, por exemplo, cando dúas toallas se converten nunha no primeiro día de praia. ¿Como se fai? Pois estendendo unha delas e poñendo a outra tan preto, tan preto, tan preto que se sobrepón creando unha toalla doble. Pero o mellor é que os donos das toallas estean todo o tempo tan preto, tan preto, tan preto que incluso lles sobre unha.

¿Cales son para vós Eses pequenos praceres da vida? Compartídeos enviando un mail a mareluablog@hotmail.com , para que todos poidamos atopalos e disfrutalos.

Cabreada
Estou cabreada. Moito. Tanto que non lembro cando foi a última vez que cheguei a este extremo.

Se non fose porque me teñen que devolver dentro de nada a fianza deste piso, de seguro que habería unha porta medio escarallada e un puño ferido. Necesito descargar toda esta rabia. Necesito berrar. O mar agora, a miña vía de escape preferida, queda demasiado lonxe. Non sei que facer.

Noto a tensión alta, polas nubes. Acendo un cigarrillo e vou á terraza, que me dea o aire. E mentres penso. Soa o meu móbil e axiña lle quito o volume. Soa o teléfono fixo, pero a este non se lle pode quitar. Mándolle un sms: “Agora nn podo. Xa falarems”.

Quero chorar pero non podo. Quizais fun demasiado dura. Pero teño ese defecto: ás veces digo as cousas demasiado directas, e iso pode doer. Agora xa foi. O dito, dito está; o caso é que non mentín.

¿Como se lle pode dicir a uns pais que se equivocan?

Coma pompas de xabón
(www.zubbles.com)

Non sabía canto tempo levaba así. ¿Uns minutos? ¿Oito horas? ¿Seis meses? ¿Media vida? O caso é que aquel calorciño suave e tranquilizador en contacto coa miña pel facía que me esquecese do mundo e do tempo.

Pouco a pouco aqueles brazos mornos comezaron a apretar máis, cinguíndome a un corpo inmóbil e unha cabeza que se apoiaba coidadosamente sobre a miña. Aquela caricia leve converteuse nun mimo agarimoso, e logo nunha aperta sinceira, e logo nun forte achuchón, e logo nunha presión tola que parecía querer romper todo o meu corpo. A forza ía en aumento e a dor era cada vez máis grande, máis grande, máis grande…

Un segundo antes de que acontecese xa o vía vir. Comprendín que era inevitable, e que de nada serviría loitar contra unha forza tan clara, así que exhalei o aire que tiña nos pulmóns, relaxei todos os músculos e…

¡Blop!               ¡Blop!              ¡Blop, blop!           ¡Blop!

Aquela aperta esmoreceu transformándose en centos de pompas de xabón  que ascendían perezosas cara o ceo. Sentinme relaxada e tranquila en cada un dos camiños que debuxaban no aire. Lenta, preguizosa, zigzagueante, coqueta… Así era eu en cada unha das burbullas nas que me convertera.

Cando xa estaba ben alto, xusto antes de desfacerme en moreas de gotiñas de xabón, miraba cara abaixo e vía o meu corpo satisfeito, espido e despreocupado, aferrado cun sorriso a aquela mata de cabelos brilantes.

En forma de milleiros de gotiñas fun caendo de novo sobre o meu propio corpo, esperando que o ciclo se repetise para volver converterme en centos de pompas de xabón de distintas cores.

Xuízo
Dende hai unhas semanas noto algo dentro de min que loita por saír cara fóra, rompendo a miña pel. Quere facerse un oco neste mundo, e non importa a quen haxa que mover para consegui-lo seu obxectivo.

Toda a miña vida recei á deusa Fortuna para que este día non chegase, pero polo visto non lle debo caer moi ben. Xa podo palpalo, noto o sabor do sangue na miña boca… ¡A moa do xuizo deixa de ser un pesadelo para converterse nunha realidade, que aínda dá máis medo!

Polo momento non me doe, pero teño pánico-pavor-terror-fobia a que ma teñan que arrincar. Escoitei historias non aptas para menores sobre a dor que se pasa… ¿Por que me saen? ¡Se total a min xa me chegaba coas que tiña!

Pero o peor de todo é que miña nai sempre me dicía que con elas chegaba a madurez. ¡Noooooooooooon! ¡Socorro! ¡Que alguén me axude! ¿Algún remedio casero para que se desintegren ou desaparezan sen deixar rastro?

Pode que sexa mellor arrincalas de vez, antes de darlles tempo a saír. A finais de mes vou ó dentista. ¡Que a deusa Fortuna me ampare!

Meme: Passion Quilt
A comunicación

Da man de Pablo chégame un novo meme que seguro que todos vós fixestes xa: o Passion Quilt. Basicamente, e se non me equivoco, a cousa consiste en explicar a través dunha imaxe o que nos gustaría que o mundo aprendese.

Levoume un par de días decidirme, pero agora xa o teño claro clarísimo: a xente debería aprender a comunicarse.

Cando estudiaba, os profes sempre dicían que vivimos na sociedade da comunicación. Eu penso que máis ben vivimos na sociedade da incomunicación. Paradoxicamente, estamos arrodeados de medios de comunicación que, lonxe de fomentar a conexión entre persoas, contribúen a que cada unha se aílle máis dentro do seu propio mundo. E así nos van as cousas.

Non sabemos expresarnos (eu a primeira), pero aínda menos escoitar. Cada quen vai á súa, sen preocuparse polos demáis. Isto é aplicable a persoas, cidades, empresas, países, pais e fillos, parellas, partidos políticos…

Os medio de comunicación están montados para apelar ó subconsciente, ás emocións, pero seguimos sen saber comunicarnos de forma racional e civilizada, interactuando e debatindo para chegar a un punto común. Así aparecen algunhas situacións como a violencia, a censura, o consumo de drogas entre adolescentes, os cornos e divorcios, as crises políticas e tantos outros erros do día a día.

Eu estou convencida de que o truco é tan sinxelo como aprender a escoitar.

En fin, ata aquí a miña reflexión. Agora, como seguro que case todos fixestes xa o meme, deixo aquí as normas para todos os que queiran continualo. Velaquí as reglas:

Postear unha imaxe ou facer/tomar/crear unha propia que capture o que máis TE APASIONE que sexa aprendido.

Darlle á imaxe un breve título

Titular o post “Meme: Passion Quilt”

Enlazar esta entrada

Incluir enlaces a 5 ou máis maestros ou persoas que transmiten coñecemento.

O proceso de tolear
O peor de volverse tola é que non é un proceso rápido e instantáneo. Pasa un tempo ata que chegas ó punto de correr espida pola casa cun funil na cabeza e o volume da tele ó máximo, sen que nada che importe. E mentres iso non chega, nos momentos de lucidez, vaste decatando de como a realidade se alonxa dos teus ollos pouco a pouco, paseniño, coma se fose un caracol que vai deixando un regueiro pegañento mentres que ti, unha leituguiña que xa botou raíces nun rincón perdido da horta, queres ir detrás del pero non te podes mover de onde estás plantada.

Ó principio nin te decatas de que te estás a converter nunha regadeira andante, con patiñas e luvas brancas coma as de Mickey Mouse e un gran sorriso dibuxado ó lado da asa. Esquécenseche as palabras, escoitas como alguén parece chamarte dende o outro lado da habitación, confúndeste de rúa no camiño que fas todos os días… Vas á froitería e pídeslle á dependenta que che suba os baixos do pantalón, chamas ó teu xefe ó móbil e sóltaslle un “Cariño, hoxe deixaches os pratos sen limpiar”…

Parecen pequenos despistes, ata que o proceso de tolear dá un pasiño máis, achegándote á loucura pero mantendo unha certa perspectiva da realidade. Vaste alonxando da xente que queres, só estás de corpo presente, pero ausente de pensamento. Pasoume o outro día. Alguén me preguntou se quería unha mazá, e eu vía na miña cabeza a imaxe dunha mazá, redondiña e marela, pero non sabía que era, nin para que servía, nin cal era aquela cor. Eu quería dicirlle que non quería ningunha mazá, que só quería un napevigón, pero non podía falar. As palabras non saían da miña boca. Sabía cal era a realidade, pero a miña cabeza ía pola súa banda.

-¿Queres unha mazá?

-Non me gustan os soldados que rañan nos zapatos, porque logo cheira a chiurizo. E os indios comen moitos para poder ter as orellas coloradiñas. Unha vez eu comín un mantel que sabía a deja-vu, pero boteille un pouco de zapato de soldado e xa estaba moito mellor aquelo… Pásame un ollo deses, dos de boneco, fai o favor. ¡E dille a esa rosa que acabe de cantar xa, que bota máis gallos que un galiñeiro!

Cada vez estas idas de olla son máis frecuentes. Quero contestar ás agullas que me fan as persoas que me arrodean, pero a miña baldosa xa non é quen de distinguir moi ben entre a realidade e amiña propia loucura.

Os paxaros carpinteiros estoupan nos periódicos, e as pedras amontónanse baixo os sombreiros de copa. O carbón afeita o apetito e ponme o Carrefur máis limpo que un lapiceiro. E todo se vai volvendo cada vez máis oscuro, cada vez máis perruno, cada vez máis Irún…

Martes e 13
Non sabedes o que me acaba de pasar hai 15 minutos… Aínda veño coas pernas tremando coma dúas varas de vimbio. Volvía de face-la compra no súper cargada cunha bolsa na man dereita e unha garrafa de 5 litros de auga na esquerda. Viña coa música posta no mp3, e estaba a piques de sacar as chaves do bolso, cando vin a porta do meu edificio aberta, así que me dispuxen a entrar.

Aínda non o fixera cando, de súpeto, noto coma se alguén me andivese a fozar na mochila. Había moita xente, e non sería raro que alguén me rozase sen querer ó pasar, pero en canto estiven dentro tirei as bolsas ó chan e mirei ás miñas costas… ¡A carteira non estaba na mochila! A persona que estaba abrindo a porta era xusto unha compañeira miña de piso, collina do brazo e díxenlle: “Acompáñame, que me acaban de roubar o moedeiro”.

Botei a correr, coa miña amiga detrás de min. As señoras que estaban pola rúa dicíanme “Foi ese, foi ese!” mentres eu ía alcanzando a dous mozos novos. Un era marroquí, e o outro non sabería dicir de onde. Case todas sinalaban ó primeiro, pero eu sabía que fora o outro. Seguramente ían xuntos, e os dous camiñaban a paso normal.  Berreilles mentres que a miña compañeira agarraba ó marroquí polo brazo. A miña carteira estaba no chan. Recollina e abrina, esperando que estivesen os cartos dentro… ¡Si!

Mireino á cara e soltei a frase-sentencia máis intelixente do momento:

-Oes, tío, por favor…

Non sei por que mo devolveu todo: as tarxetas, os cartos, o moedeiro, os papeis, as fotos… Quizais non tivera tempo de saca-los cartos diante de todas aquelas persoas que o viran, ou quizais non pensou que o fose perseguir.

Hai que ter collóns para roubarlle a unha persona que non cobra nin mil euros e que ten que pagar o alquiler, a comida, a roupa e todo sen axuda ningunha.

Enerxía
Un calafrío percorreulle a espalda desde a altura dos riles ata a nuca. ¿Que lle pasaba? ¿Por que falaba sen apenas pensar nas súas palabras? ¿Por que non lle importaba o que puidesen pensar os demáis? ¿Por que era capaz de ser feliz simplemente porque si?

Sentía que a enerxía explotaba en cada un dos poros do seu corpo. Correr, berrar, saltar, xogar, rir… Iso era o único que sabería facer ben naquel momento.

Pero había algo que non lle acababa de cadrar: ¿por que a alarma do seu reloxo soara media hora antes das cinco? ¿Que pasaba cada día ás cinco? ¿Non era…? ¡Si! Xustamente a hora á que tiña que estar na oficina.

Meteu a man no peto da cazadora e sacou o seu DNI. Non podía ser. ¡Tiña 25 anos xa! ¿Entón por que volvía a sentirse coma cando só tiña 15? ¿Que era esa enerxía?

Esa raza superior…
A semana pasada tocoume facer a revisión de empresa, a excusa perfecta para ir tomar un café logo e escribir un pouco, unha das miñas aficións preferidas. Normalmente dáseme por pensar en cousas raras, pero aquel día o tema era obvio: a superioridade desa raza inalcanzable chamada “médicos”. Cheguei á conclusión de que a devandita superioridade se manifesta principalmente en tres pasos:

- 1: as preguntas

- 2: o tubiño

- 3: as palabras

Xa chegas alí á revisión en condicións de inferioridade: fanche dar os teus datos e encher un cuestionario. ¿Ten algún tipo de alerxia? ¿Lava os dentes tódolos días? ¿Bebe vostede moito ou consume drogas? ¿Hai máis dunha semana que mantivo relacións sexuais por última vez? Isto tes que enchelo diante de todo o mundo, nunha cadeira incómoda e coa tentación de mentir… ¡Pero non! Non se pode mentir, porque logo che fan os análises e vai ti saber que che miran… Pero o máis denigrante non é a falta de intimidade, senón o feito de saber por que todo o mundo leva unhas mochilas tan grandes: para meter o tubiño de orina. Non é máis grande que o dedo índice dunha man, pero todo o mundo o leva envolto nunha bolsa de plástico coma se fose unha bomba de napalm, con coidado de non lle dar golpes á mochila. E miras ós de arredor e sabes que eles tamén mexaron no tubiño…

E aí entras, con toda a dignidade que consegues reunir, a pasar polas distintas salas de diagnóstico coma se fosen as cadeas de montaxe da Citroën. O peor é que non me chamaron á de análise ata case a última proba, e aí fun eu paseando o meu tubiño de pis por toda a clínica.

Por se non chegasen todas estas cousas para afundir ó teu ego na inferioridade, cada profesional pon todo o seu empeño en utilizar palabras que só entenden eles e que amosan a túa incultura. “¡Non intentes poñerte ó noso nivel, ti non es médico!”.

E como as cousas de palacio van despacio, os análises non chegarán ata dentro de Deus sabe canto. E sempre terás a dúbida de se o xefe botou unha ollada antes ca ti… E ó cabo de dous meses, ¡despido colectivo!