¿Quen son? ¿De onde veño? ¿Onde carallo vou?
Este blog é un dos meus maiores segredos. Ninguén sabe que o teño ou que sexa meu. Decidín comezar con el porque ás veces me resulta moi difícil expresar o que sinto, e todo parece moito máis doado se se escribe.
Sobre min, só podo dicir que hai anos que digo que teño 17, aínda que todo o mundo pensa que minto e que en realidade teño 14 ou 15. Na miña defensa, só direi que teño máis de 20 (pero moi moi pouco máis de 20). Son xornalista (ou amago de xornalista), confío en moi pouca xente, e ás veces paso de boa a parva. O que máis me gusta é escribir.
Son ciclotímica, teño un transtorno bipolar, pero hai moi pouca xente que o saiba. Iso tamén axudou a que nacese este blog, porque cando estou mal o único que intento é que ninguén se entere, e hai que estoupar por algún lado, jejeje… Ás veces son un furacán de enerxía, pero outras veces non podo nin erguerme da cama. A verdade é que tampouco o vexo como un problema agora mesmo… Téñoo bastante controlado ultimamente.
En resumo, non sei quen carallo son. E tampouco sei se o quero saber.


