Posts Tagged ‘adeus’

Deixa que o lea

Sábado, Xuño 2nd, 2012

Deixa que o lea nos teus movementos, nas túas palabras, nos teus xestos… Ensíname a ler os teus silencios letra a letra. Deixa que te coide e que te entenda.
Deixa que lea o meu futuro nos teus silencios, pero só se pode caer nas túas mans. Prométeme silencios máis curtos que duren unha eternidade.
Deixa que o lea, é o momento de cruza-lo mar e dicirche adeus, e o desastre planea agora sobre min. Déixao que te deixe, teño moito que confesarlle.